Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
Páginas
▼
28 may 2012
25 may 2012
22 may 2012
Unha conferencia interesante na Semana Social
La cultura en la Europa de los albores del siglo XXI
Dr. D. Fernando García Cortazar
Catedrático de Historia Contemporánea de la Universidad de Deusto
Catedrático de Historia Contemporánea de la Universidad de Deusto
20 may 2012
Unción dos Enfermos (19/05/2012)
Na Misa das 19,30 da tarde do día 19 deste mes de maio recibiron a Unción dos Enfermos dezaoito persoas idosas e con saúde problemática.
A celebración foi preparada polo Equipo parroquial de Voluntarios de Pastoral da Saúde.
Despois da celebración os unxidos recibiron un agarimoso recordo deste día.
Na fotografía, salvo erro involuntario, están: Carmen Grandal, Blanca, Manola Mosquera, Carmen Martín, José Canosa, Carmen Quintián, Victoria Mosquera, María López, Begoña, María Peteiro, María Santos, Carmen Sánchez, Delia, Plácida, Rosa (escondida), D. Manuel, Carmen García, María Vázquez e Luis Vázquez.
18 may 2012
UN LIBRO: "Detengamos la crisis", de Arcadi Oliveres
Detengamos la
crisis, Las perversiones de un sistema que podemos cambiar. Arcadi Oliveres.
Coleccion Sinergia, 43. Ed. Fundación Emmanuel Mounier. Madrid 2012.
Acabo de
recibir este libro de pequeno formato e en canto o abrín xa non o puiden
deixar. É un texto apaixoado, cheo de anécdotas sintomáticas, pero cunha lóxica
e coherencia interna que se agradecen. Un libro que –coma outros da Fundación
Mounier- merece unha difusión e unha
distribución moito más ampla que a reducida aos subscritores.
O autor
O autor é
Arcadi Oliveres, de quen un coñecido xornalista de información relixiosa
escribía hai xa máis dun ano: Está a facer estrago en Youtube, un video (en
dúas partes) dunha conferencia de Arcadi Oliveres, economista español e
recoñecido activista cristián pola xustiza social e a paz.
SABEDORÍA DO ORIENTE- Textos de Anthony de Mello, SI
Proxección
-¿Por que aquí todo o mundo é tan feliz menos
eu?
-Porque aquí aprenderon a ver a bondade e mais
a beleza en todas partes –respondeu o Mestre.
-Daquela, por que non vexo eu en todas partes a
bondade e mais a beleza?
-Porque
non podes ver fóra de ti mesmo o que non ves dentro de ti.
13 may 2012
SABEDORIA DO ORIENTE ( A. de Mello, SI)
FALAR
O discípulo non podía reprimir as ganas que tiña de
contarlle ao Mestre o rumor que oíra no mercado.
-Agarda un minuto -dixo o Mestre-. O que pensas contarnos é
verdade?
- Non o creo.
- É útil?
- Non, non o é.
- É divertido?
- Non.
Entón, por que temos que escoitalo?
Colecta mensual de Caritas (6 de maio)
Na colecta para Cáritas das Misas
do domingo día 6 de maio recadáronse 852,63 euros. Que o señor volo pague.
CELEBRACIÓN COMUNITARIA DA UNCIÓN DOS ENFERMOS: Sábado 19, ás 19,30
PASCUA DO ENFERMO - É NECESARIO ANOTARSE PREVIAMENTE
Con motivo da Pascua do Enfermo o equipo
parroquial de Pastoral da Saúde preparou a celebración comunitaria da Unción
dos Enfermos do sábado día 19, na Eucaristía da tarde. As persoas maiores e con
problemas graves de saúde que a desexen recibir, deben anotarse previamente.
11 may 2012
4 may 2012
O til - Cáritas (Pobo de Deus nº 664)
Son
frecuentes nas tertulias radiofónicas e televisivas as referenzas a bispos e
cregos máis ou menos afortunados nas súas declaracións e homilías. Case sempre
algún opinante modera a súa condena establecendo o que lle parece unha
cualificada distinción entre a chamada “Igrexa oficial” fronte á “Igrexa de
base”. Na primeira estarían o Papa, coa súa curia vaticana, os bispos e, sobre
todo, a súa expresión colexiada que é a Conferencia Episcopal, co seu
presidente actual en primeirísmo punto de mira. A expresión “Igrexa de base” é
menos precisa. Aquí comprendémola como sinónimo da Igrexa das parroquias e
crentes practicantes, os cristiáns de a pé.
En
contraposición ás figuras estiradas e murchas dos bispos e da “Igrexa oficial”
é frecuente escoitar dos tertulianos mediáticos un afervoado aprezo polo labor
de Cáritas neste momento de crise económica.