Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
Páginas
▼
30 jun 2012
23 jun 2012
MAGNATES SEN GRANDEZA (Andres G.V.)
Co tema da
crise económica ando moi confundido, asombrado e sorprendido. Confundido, porque
non me é doado comprender o que está pasando desde hai xa catro anos na
economía mundial, especialmente no mundo das grandes empresas, bancos,
axencias, que negocian cos cartos confiados
polos aforradores, accionistas e investidores.
A palabra magnates está demasiado próxima á palabra mangantes.
Tamén estou
asombrado pola chea de movementos que teñen os cartos. Non recordo terme parado
a pensar que os estados e as súas institucións intermedias, autonomías e
concellos, tamén andan “ao fiado”, como
andaba a miña familia nos anos cincuenta, cando a duras penas o xornal de meu
pai chegaba para o aluguer da vivenda e para o pan de cada día. De neno non
fixen buracos no cinto para apertalo porque os pantalóns infantís tiñan
tirantes. E por iso os pantalóns, por frouxos que estivesen, non caían. Aí é onde aparece sempre con ollos
de mal durmir a “prima de risco”, unha
parente que se nos meteu na casa e devora os nosos bens facendo imposible que
cheguemos con sosego a fin de mes. É tan aproveitada que nin sequera nos
permite vivir “ao fiado”.
22 jun 2012
O evanxeo da festa do San Xoán
Un neno que nace coma verdadeiro agasallo de Deus. No seu cántico agradecido o pai, Zacarías, profetiza: E ti, meu meniño, serás chamado profeta do Altísimo, porque irás por diante do Señor preparando os seus camiños...
San Xoán. Lc 1, 57-66.80
More PowerPoint presentations from Andres GV
Festividade de San Xoán Bautista
Hoxe padecemos necesidade de profetas, soñadores, persoas ilusionantes.... SEguro que, como se di das meigas, habelos hainos, pero ¿por que soa tan apagada a súa voz? ¿Por que non se oen as súas palabras?
En que denuncias están comprometidos e por iso non sabemos deles? Que esperanzas nos están anunciando que nós non comprendemos? Cada cristián é de seu, polo bautismo, profeta. O Señor puxo no seu corazón e nos seus labios a súa Palabra, a boa nova da salvación, da plenitude humana e da humanidade... ¿Ulos profetas?
17 jun 2012
Colecta de Cáritas - Xuño
A
colecta de Cáritas parroquial foi de 714,87 correspondente ao primeiro domingo
de xuño.
A colecta extraordinaria do Corpus, Día Nacional da Caridade, foi de 810,59
euros. Esta última vai íntegramente para Cáritas diocesana de Santiago.
15 jun 2012
Evanxeo do Domingo XI do Tempo Ordinario (B)
O don de Deus crece e a súa graza aparece, non polo noso esforzo. Abonda coa confianza e a seguridade de quen sabe que trala noite amañece un novo día.Esa é a confianza de quen sementa. Na sementeira Deus conta connosco... O crecemento e mais a colleita son cousa del.
Dom XI TO B. Mc 4, 26-34
More PowerPoint presentations from Andres GV
11 jun 2012
FIN DE CURSO DA CATEQUESE.
Sábado, 9 de xuño de 2012
Xubileo Mariano en Carballo e tarde de xogos en Cerceda




Acudimos a pé desde a igrexa parroquial á capela da Milagrosa. O río Anllóns acompañaba o noso camiñar e os scouts de San Francisco Xabier animaron cos seus cantos ese curto itinerario.
¡Cumpreanos feliz! |
A tarta era pequena, pero de chocolate! |

Saímos de contadiño para Cerceda.
Ao pouco os limparabrisas do autocar empezaron a alarmarnos: chovía. Era auga fina pero persistente. Por momentos un pequeno claro no ceo permitíanos esperar que despexase, pero a auga que caía foi crecendo en intensidade. Chegamos ao Aquapark. Baixo uns paraoles dúas ou tres familias amparábanse mentres daban conta do seu xantar. Os curas foron falar cos responsables e viñeron cunha solución alternativa: no polideportivo de A Silva tiñamos as portas abertas para estar baixo cuberto e alí estaban instalados os hinchables, para que os nenos tievesen a compensación de non poder disfrutar dos xogos de auga do Aquapark.
Panorama dos hinchables |
Ás dúas e media os monitores que nos acompañaron no polideportivo empezaron a preparar os hinchables e ao pouco unha morea de rapaces e rapazas andaban agaviando, rolando, esvarando e caendo en todas as posicións menos imaxinables.
Os maiores compartiron os xogos |
Hai que saltar conforme as normas... |
Os divertidos lances do salto da corda |
Que formaliños, despois de que acabaron a tarta |
O mago Martín entretivo e fixo rir |
Sen tropezos e felices, chegamos áo punto de partida cando xa pasaba das oito e media da tarde.
9 jun 2012
1 jun 2012
AS OFENSAS CONTRA OS SENTIMENTOS RELIXIOSOS
Código penal español. Artículo 525
1. Incurrirán en la pena
de multa de ocho a doce meses los que, para ofender los sentimientos de los
miembros de una confesión religiosa, hagan públicamente, de palabra, por escrito o mediante cualquier
tipo de documento, escarnio de sus
dogmas, creencias, ritos o ceremonias, o vejen, también públicamente, a
quienes los profesan o practican.
2. En las mismas penas
incurrirán los que hagan públicamente escarnio, de palabra o por escrito, de
quienes no profesan religión o creencia alguna.
En 1977, dos aficionados al cine y devotos de
Buñuel, Javier Krahe y Enrique Seseña, realizan su aportación al séptimo arte:
un cortometraje en superocho titulado "Diez comentarios". Uno de los
episodios, "Sobre la Cristofagia", es un chiste en el que se propone
una receta de cocina ya que los católicos -según su propia doctrina- se comen
el cuerpo de Cristo crudo. El experimento no trasciende el ámbito doméstico.
O
parágrafo anterior, escrito por López Guereña, compañeiro e amigo de Javier
Krahe, recolle a descrición do feito que está na orixe da acusación de ofensa contra os sentimentos
relixiosos, neste caso católicos, polos que foi xulgado o día
28 de maio pasado o cantautor Javier Krahe, día en que escribimos este “til”. O
delicto tivo que ver coa difusión desa curtametraxe en Canal+ como fondo dunha
entrevista biográfica a Krahe.
A icona da Trindade de Rublev -Cfr: Xénese 18: Un Deus que se hospeda en nós.
Qué bien sé yo la fonte que mana y corre,
aunque es de noche.
aunque es de noche.
1. Aquella eterna fonte está escondida,
que bien sé yo do tiene su manida,
aunque es de noche.
que bien sé yo do tiene su manida,
aunque es de noche.
2. Su origen no lo sé, pues no le tiene,
mas sé que todo origen de ella viene,
aunque es de noche.
mas sé que todo origen de ella viene,
aunque es de noche.
3. Sé que no puede ser cosa tan bella,
y que cielos y tierra beben de ella,
aunque es de noche.
y que cielos y tierra beben de ella,
aunque es de noche.
4. Bien sé que suelo en ella no se halla,
y que ninguno puede vadealla,
aunque es de noche.
y que ninguno puede vadealla,
aunque es de noche.
5. Su claridad nunca es oscurecida,
y sé que toda luz de ella es venida,
aunque es de noche.
y sé que toda luz de ella es venida,
aunque es de noche.
6. Sé ser tan caudalosos sus corrientes.
que infiernos, cielos riegan y las gentes,
aunque es de noche.
que infiernos, cielos riegan y las gentes,
aunque es de noche.
7. El corriente que nace de esta fuente
bien sé que es tan capaz y omnipotente,
aunque es de noche.
aunque es de noche.
8. El corriente que de estas dos procede
sé que ninguna de ellas le precede,
aunque es de noche.
sé que ninguna de ellas le precede,
aunque es de noche.
9. Aquesta eterna fonte está escondida
en este vivo pan por darnos vida,
aunque es de noche.
en este vivo pan por darnos vida,
aunque es de noche.
10. Aquí se está llamando a las criaturas,
y de esta agua se hartan, aunque a oscuras
porque es de noche.
y de esta agua se hartan, aunque a oscuras
porque es de noche.
11. Aquesta viva fuente que deseo,
en este pan de vida yo la veo,
aunque es de noche.
en este pan de vida yo la veo,
aunque es de noche.
(San Juan de la Cruz)