A
“ex-culturación” da fe
Os
cristiáns dos primeiros séculos vivían a fe nun contexto con
valores e mentalidades moi distantes e contrarias aos criterios do
evanxeo e do seguimento de Xesús. Naquela sociedade a fe dos
cristiáns irrompía como desafiante novidade. Naquel mundo os
cristiáns tiñan que saber explicarse
(Cf. 1Pe 3, 15).
Na
nosa sociedade, coma noutros países, o proceso de secularización
produciu a “ex-culturación” da fe. Hoxe os cristiáns
constatamos que moitos presentan a fe como contraria ao progreso, á
razón científica, á modernidade, á liberdade das persoas e dos
pobos. Ao mesmo tempo, os saberes relixiosos e cristiáns que
modelaron a sociedade europea (o calendario, as festas, o descanso
dominical, os relatos bíblicos, etc) entran nunha fase de
descoñecemento e de desprazamento: o Nadal convértese en “vacación
de inverno”, a Semana Santa en “vacación de primavera”, as
representacións relixiosas públicas (os “beléns”) son
eliminadas da escena ou reducidas interesadamente a mero folclore
-incluso as mellor amparadas na relixiosidade popular-. Poderiamos
multiplicar os exemplos. Os crentes, no mellor dos casos, somos
compadecidos pola nosa ignorancia e credulidade.