“Ningún belén renunciará ao boi e á mula” (Bieito XVI)
O pasado día 23 de novembro estaban xa as castañas ben torradiñas e ía empezar o magosto parroquial, cando un fregués me comentou a gran novidade do día: no seu libro sobre a infancia de Xesús o Papa escribira que non había nin mula nin boi onde naceu. O asombro incluía unha total disconformidade co Papa por facer públicas esas ideas, “aínda que fosen certas”.
Que din os evanxeos?