Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
Páginas
▼
25 may 2013
18 may 2013
11 may 2013
9 may 2013
TESTEMUÑAS DA FE NO MUNDO - PENTECOSTE, DIA DA ACCION CATOLICA E DO APOSTOLADO SEGRAR
Esta é a hora
do Espírito, canta un himno da
Liturxia das Horas. O día 19 de maio os
cristiáns festexamos a pascua do Espírito Santo. En Pentecoste o Espírito do
Señor arde no corazón dos apóstolos para que leven o anuncio de Xesucristo ao
mundo enteiro. Ese é tamén o Día do Apostolado Segrar e da Acción
Católica.
Hai
tempo que estas expresións, Apostolado Segrar e Acción Católica, son menos frecuentes nas homilías e na fala coloquial das
parroquias. Para moitos incluso resultarán novidosas, ou rancias. A palabra "Apostolado", no senso
de acción evanxelizadora e testimonial
da fe, cedeu paso a evanxelización,
misión, testemuño, compromiso. A "Acción Católica", nome común dos
movementos laicais en dependencia directa dos bispos diocesanos, recoñecida
como organización oficial da Igrexa, ten para algúns o recendo do nacionalcatolicismo. Non falta quen a considera
desaparecida ou, en todo caso, reducida a grupos nostálxicos e avellentados.