O xenuíno concepto cristián da morte afirma que Deus creou o o ser humano para un destino feliz, que vai máis aló das fronteiras da morte pero que, necesariamente, ten que pasar por esta, vencéndoa.
Tal victoria acadouna Cristo, liberándonos da morte coa súa propia paixón, morte e resurrección.
Así pois, é unha obriga para todo cristián (recordemos as “obras de misericordia”,…) preparar axeitadamente as honras fúnebres dun irmán na fe.
¿CREMACION OU SEPULTURA?
Xa hai tempo que vén crecendo entre nós (máis frecuentemente nas cidades) o número de cristiáns que escollen a cremación para si mesmos ou para os seus familiares. Ante esta realidade social parece apropiado ir medrando, tamén, na comprensión da nosa fe e nas opcións a tomar en consecuencia. As seguintes reflexións poden axudarnos a facer esta síntese entre fe e vida.