Benvido, benvida.
Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
Como tódolos anos o Belén Parroquial de Santa Margarida xa brilla. Despois do moito tempo e dedicación por parte de Luis Nogueira e Tomás Tudó xa se pode visitar.
Agradecemos fondamente a Luis e a Tomás polo seu esforzo.