Páginas

29 jul 2011

Fame en Somalia, Etiopía e Kenia (Información de Mans Unidas)

A longa sombra da fame volve cubrir os países do corno de África, ameazando a vida de millóns de persoas en Kenia, Etiopía, Djibouti e, principalmente, en Somalia. De 11 millóns de persoas que se atopan en serio risco de morte por este motivo, máis de dous millóns son nenos gravemente desnutridos. A poboación desta rexión do mundo enfróntase a unha catástrofe de enormes proporcións motivada pola peor seca que se lembra desde comezos dos anos 50, á que hai que sumar o incremento do prezo dos alimentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario