Páginas

30 ago 2011

A FESTA DE SANTA MARGARIDA, CONCORRIDA, ANIMADA, GOZOSA

Nesta primeira serie de fotografías vemos diversos momentos da animación que se viviu no adro da igrexa parroquial ao recollerse a procesión pouco despois das dúas da tarde do domingo  28 de agosto.


 Aínda que, por razóns e causas xustificadas,  non puidemos contar cos gaiteiros "nosos", un cuarteto amigo acompañou a procesión e animou as danzas tradicionais no adro. 
Tamén é de aprezar a boa disposición de algunhas freguesas para portar a santa no seu percorrido procesional. Aquí vemos as que fixeron a parte final.


Os nenos e nenas, os que axudaron no altar como acólitos e os que asumiron a honra do "Ramo" tamén aportaron a súa nota de convencemento, alegría e inxenuidade.


E o baile, animoso, participado, expresa ben a alegría e o sentido familiar e fraterno que vai adquirindo a comunidade parroquial e que se vai contaxiando  pouco a pouco aos conveciños e visitantes. 


Vivimos unha gran xornada, en honor e tamén grazas a Santa Margarida, a nosa padroeira. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario