O evanxeo deste domingo ponnos diante tres temas patentes e moitos outros implíctos.
Entre os patentes: a traxedia da falta de traballo; a responsabilidade dos patróns e empresarios en facilitalo; traballar na viña do Señor, isto é, no seu reino, non é carga senón graza; os dons de Deus non teñen prezo e a súa xustiza non é coma a nosa; a conclusión da parábola: os últimos son os preferidos de Deus (precisamente porque non é coma nós nin exerce a xustiza coma nós).
Entre os implícitos: o sentido misioneiro e evanxelizador do seguidor de Xesús; onde e do lado de quen nos situamos na historia humana: onde están os nosos “últimos”?; optar por ser último xa, desde agora, para vivir a alegría dun amor que so entende quen ama entre e desde os “últimos”.
Pincha aquí para seguir pensando coa axuda de "Quiero ver"http://www.youtube.com/watch?v=nqjK3Fzullg&feature=player_embedded
No hay comentarios:
Publicar un comentario