Naquel tempo, díxolles Xesús ós seus discípulos esta parábola:
- Un home que ía saír de viaxe, chamou polos seus criados e entregoulle‑los seus bens. A un deulle cinco talentos, a outro dous e a outro un; a cadaquén segundo a súa capacidade. Despois marchou.
Ó cabo de moito tempo chegou o amo daqueles criados, pedíndolles contas.
Achegouse o que recibira cinco talentos e presentou outros cinco, dicindo: "Señor, cinco talentos me entregaches; velaquí outros cinco que gañei".
Díxolle o seu amo: "Moi ben, criado fiel e cumpridor. Xa que fuches fiel no pouco, poñereite á fronte do moito. Pasa a gozar da festa do teu amo".
Palabra do Señor
No hay comentarios:
Publicar un comentario