Benvido, benvida.
Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
Páginas
▼
19 dic 2011
O BELÉN PARROQUIAL - Instalador: Luís Nogueira
O belén parroquial ocupa dentro da igrexa unha superficie de 25 metros cadrados. Podemos admirar nel algunhas figuras e instalacións dotadas de movemento; podemos admirar o agarimo posto na representación de árbores, arbustos, froitos do campo; podemos admirar ambientes, edificios e vivendas, case todos saídos da man habelenciosa de Luís Nogueira, o noso belenista.
Pero o máis notable do noso belén reside nos seus contidos.
O centro, como é lóxico, é o portal de Belén onde se representa o nacemento de Xesús; cerca deste vemos o anuncio aos pastores e no camiño os magos que lle van render homenaxe. Nisto o belén parroquial é coma todos.
O máis notable está noutras escenas complementarias do acontecemento. Así, por exemplo, a escena da Anunciación a María, a Visitación de María á suá curmá Isabel, o censo que provoca a presenza de Xosé e María en Belén, a Presentación de Xesús no templo de Xerusalén, e incluso a Fuxida a Exipto para eludir a persecución de Herodes.
Estas escenas fan que o belén parroquial se axuste mais literalmente aos relatos evanxélicos de Mateo e Lucas, e promove unha narración máis completa dos mesmos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario