LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Naquel tempo, estaba Xoán con dous dos seus discípulos e, vendo a Xesús que camiñaba, dixo:
‑ Velaquí o Año de Deus.
Cando os dous discípulos oíron o que el falara, fóronse detrás de Xesús. Volveuse Xesús e, vendo que eles o seguían, preguntoulles:
‑ ¿Que buscades?
Eles respondéronlle:
‑ "Rabbí" (que quere dicir "Mestre"), ¿onde paras?
El díxolles:
‑ Vide e veredes.
E eles foron e viron onde paraba e quedaron con el aquel día. Era contra as catro da tarde.
Un dos dous que escoitaron a Xoán e seguiron a Xesús era Andrés, o irmán de Simón Pedro. Vai e atopa primeiro a Simón, o seu propio irmán, e dille:
‑ Encontrámo-lo Mesías (que quere dicir Cristo).
E levouno onda Xesús. Ó velo, díxolle Xesús:
‑ Ti es Simón, o fillo de Xoán. Ti haste chamar Kefas (que quere dicir Pedro).
No hay comentarios:
Publicar un comentario