Hoxe
pídesenos a todos os cristiáns, ás Igrexas particulares e á Igrexa universal a
mesma valentía que moveu os misioneiros do pasado e tamén a mesma dispoñibilidade
para escoitar a voz do Espírito. A Nova Evanxelización é unha acción
sobre todo espiritual, é a capacidade de facer nosos, no presente, a coraxe e a
forza dos primeiros cristiáns, dos primeiros misioneiros.
Ao
dicir “Nova evanxelización” referímonos ao esforzo de renovación que a Igrexa
está chamada a facer para estar á altura dos desafíos que o contexto
socio-cultural actual lle apón á fe cristiá, ao seu anuncio e mais ao seu
testemuño, en correspondencia cos fortes cambios actuais.
Ante estes desafíos a
Igrexa non responde pechándose en si mesma senón renovándose desde dentro,
poñendo no centro a Xesucristo, o encontro con El, e con El saír, coma os
primeiros cristiáns, ao encontro de todas as persoas e culturas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario