Todos os cristiáns teñen capacidade de bendicir, non ao
xeito dos diáconos e presbíteros, pero si coa dignidade de quen, polo bautismo,
é, á imaxe de Cristo, sacerdote, profeta e rei.
Velaquí un modelo de oración para que o pai ou
nai de familia renove na pascua a bendición da vivenda, do coche, das terras,
etc.
Míranos con bondade e bendí
(esta vivenda, este vehículo, estes
campos, estas ferramentas...) .
Concede a quen van facer uso
deles dar gloria ao teu nome, ser no mundo testemuñas do teu Fillo Xesús e
guiarse polo teu Espírito, de modo que, ao invocarte, nos concedas cumprir a
túa vontade e gozar da saúde do corpo e da protección da alma.
Por Xesucristo noso Señor.
Amén.
(Bótanse
unhas pingas de auga bendita sobre a cousa que se bendí)
A Bendición de Deus todopoderoso, Pai, Fillo, e Espírito Santo descenda
sobre nós e nos acompañe sempre. Amén.
(Remátase rezando todos xuntos o Nosopai)
No hay comentarios:
Publicar un comentario