Hai moitos sinais no mundo de hoxe que favorecen e incluso reclaman chantar o nome de Deus nos escenarios da vida humana. A Guía de traballo do próximo Sínodo sobre a Nova Evanxelización así o explica: Os grandes encontros mundiais da xuventude, as peregrinacións cara aos lugares de devoción, antigos e novos, a primavera dos movementos e das asociacións eclesiais, constitúen o signo visible dun sentido relixioso que non se apagou. A "nova evanxelización" neste contexto esixe da Igrexa que saiba discernir os signos da acción do Espírito, orientando e educando as súas expresións cara unha fe adulta e consciente, ata alcanzar «a plena madureza de Cristo» (Ef 4, 13).
Chantar o nome de Deus
nos escenarios da vida humana quere dicir poñer, pronunciar, facer audible e
visible a Deus na nosa sociedade. Esta tarefa lévanos a encontrarnos cos
crentes non católicos e cos non cristiáns, pois son moitos os que, coma nós,
tamén confían, oran e proclaman o nome de Deus.
O encontro
cos crentes das outras relixións permítenos aos seguidores de Cristo
entendernos a nós mesmos coma buscados e buscadores de Deus, a descubrir a
orixinalidade e mais a singularidade da nosa fe e, tamén, a asumir
coherentemente a nosa identidade de católicos ante tantas e tan diversas
experiencias e correntes relixiosas.
Novos modos de ser
Igrexa
No seu
apartado 9 a Guía de traballo do Sínodo sorprende ao lector con este
epígrafe: Novos modos de ser Igrexa
As presenzas, testemuños, confesións de fe nas novas
condicións sociais dannos a entender que
a "nova evanxelización" implica “a
esixencia de encontrar novas expresións para ser Igrexa dentro dos contextos
sociais e culturais actuais, en proceso de continua mutación”.
Cales poden
ser as “novas expresións para ser Igrexa ...”?
A Guía
responde coa necesidade dun novo modelo eclesial que evite o sectarismo, que
promova unha igrexa misioneira, e que fortaleza o carácter de igrexa “doméstica
e popular”. Aínda en situación de minorías, os cristiáns non debemos perder a
capacidade de estar no medio da comunidade humana, a carón das persoas, da
xente, e aí anunciar o evanxeo.
O sectarismo é unha grave deformación da
fe e do seu anuncio. Prodúcese cando a persoa crente asocia a fe co poder
político, coa influenza social, co “pensamento único”, coa incomprensión,
desconfianza e hostilidade fronte a todo o que non concorda coa ideoloxía
propia.
A Igrexa “doméstica
e popular” definiuna Xoán Paulo II cando requería que a Igrexa non pode
renunciar a manter a súa presenza «entre as casas dos seus fillos e fillas».
No hay comentarios:
Publicar un comentario