Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
Páginas
▼
28 jul 2012
17 jul 2012
ASEMBLEA DIOCESANA O DÍA 22 DE SETEMBRO

O texto do evanxeo do Domingo XVI con Imaxes.
Evanxeo Mc 6, 30-34
Xesús encontra tempo para estar coas persoas...
More PowerPoint presentations from Andres GV
16 jul 2012
Igrexa en Galicia. Información (13/07/2012)
-Contidos
- Consello para ter tempo, facer tempo, gañar tempo. Reflexión de Manuel Vázquez Balnco
- O códice na súa casa
- O patrimonio cultural da Igrexa
- A catedral de Ourense restaura o seu órgano
- Acción Católica de Ourense: a iniciación da infancia
- O bispo de Ratisbona, novo Prefecto da Congregación da Doutrina da fe
- Entrevista: D. Xosé Fernández Lago, coengo da catedral de Santiago
- Consello para ter tempo, facer tempo, gañar tempo. Reflexión de Manuel Vázquez Balnco
- O códice na súa casa
- O patrimonio cultural da Igrexa
- A catedral de Ourense restaura o seu órgano
- Acción Católica de Ourense: a iniciación da infancia
- O bispo de Ratisbona, novo Prefecto da Congregación da Doutrina da fe
- Entrevista: D. Xosé Fernández Lago, coengo da catedral de Santiago
13 jul 2012
12 jul 2012
A CORUÑA HISTÓRICA. ESTAMPAS DE 1926
Acabo de recibir este precioso documento. Diverosos percorridos dos tranvías coruñeses, o da cidade e o de cercanía (Coruña-Sada) aló polo 1926. Paga a pena pararse e admirar.
11 jul 2012
Kyries da "Misa Criolla" de Ariel Ramírez. Oración e homenaxe.
Escoitade e vede esta interpretación do canto penitencial da Misa Criolla. Facédeo deixando que o corazón se enchoupe da forza, intensidade e sinceridade deste clamor. É pregaria e homenaxe para un amigo arxentino enfermo.
7 jul 2012
SARDIÑADA CON HOMENAXE CARIÑOSA
O venres, día derradeiro de xuño, reunímonos unhas
cento oitenta persoas con ocasión da sardiñada anual. Este ano a sardiñada
estaba prevista para o primeiro sábado de xullo pero desde o Concello nos
advertiron que non habería permisos nese mes para facer lume.

Eran dadas as oito e media da tarde cando D. Manuel, o párroco, colleu o micro e ofreceu unhas emotivas e sentidas palabras de agradecemento a Josefa, con motivo da súa xubilación como responsable da limpeza da igrexa parroquial por máis de trinta anos.

Josefa, que estaba acompañada polo seu neto, non
esperaba a merecida homenaxe que os alí reunidos lle dispensaron.
Como recordo, o párroco entregoulle unha reprodución en prata dun cruceiro tradicional, no que ía gravado o nome de Josefa e a gratitude da parroquia de Santa Margarida.
O equipo habitual de asadores comezara o seu labor algo despois das cinco da tarde.
O equipo de camareiras e servizos auxiliares xa empezara a preparar o comedor desde un par de días antes. Nesa tarde remataron tan aprezable tarefa poñendo manteis, panos de papel, pratos, vasos e demais complementos de vaixela e de xantar.
As sardiñas, anque moi caras os días anteriores, chegaron cun prezo máis asequible. Consumíronse dous paxes completos, que veñen sendo trinta quilos. O complemento de churrasco, lambetadas e queimada estivo no seu punto, case xusto, anque sobrou algo de churrasco. Curiosamente non sobrou pan.
As lambetadas finais, debidas á xenerosidade das espontáneas reposteiras, resultaron abundantes, case excesivas.
A "Rianxeira", o "Andar miudiño", "Vivir na Coruña", Señor cura, señor cura" e tantas outras cantigas tradicionais resoaron con vigor nos locais parroquias.
Xa pasadas as once, en pequenos grupos
de amigos e familiares, os comensais foron marchando, coa sensación común dunha
festa grata, ben organizada, que serve para reforzar o sentido comunitario e
fraterno de todos os participantes.
5 jul 2012
Unha tarefa parroquial: ofrecer espazos e momentos de encontro con Deus
Son moitas as tarefas e actividades que unha parroquia ten que atender,
pero hai unha que nunca pode faltar. É tan obvia e tan indispensable que, se
cadra, por dala como sobreentendida, non somos conscientes dela e non a atendemos
como cómpre. Todas as comunidades cristiás teñen que ofrecer a todas persoas a
ocasión e o momento de encontrarse con Deus. Se detectamos esta carencia, a
urxencia de revisión e conversión pastoral é inaprazable. Quen se achega a unha
parroquia -a calquera outra institución ou asociación de cristiáns- non debería
saír sen ter sentido alí a chamada a vivir a experiencia gozosa da fe.
A acollida
A
acollida é o primeiro esforzo de conversión pastoral e misioneiro que debemos
vivir os cristiáns. E estimulalo e coidalo.