Benvido, benvida.
Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
Páginas
▼
17 jul 2012
ASEMBLEA DIOCESANA O DÍA 22 DE SETEMBRO
Unha asemblea diocesana expresa a realidade da Igrexa local presidida polo bispo, sucesor dos apóstolos. Rodeado dos seus presbíteros, diáconos, consagrados e fieis leigos, o pastor diocesano reúne e manda acomo misioneiros a todos os alí reunidos. Estes expresan e manifestan a alegría da fe, a oración e comuñón de todos con Cristo, comprometidos no anuncio e testemuño do evanxeo. A Palabra de Deus segue sendo fundamento, razón e finalidade da acción evanxelizadora da igrexa diocesana. A Asemblea servirá de punto de proxección do novo curso pastoral 2012-13.
No hay comentarios:
Publicar un comentario