Ingresos:
Colectas do primeiro domingo de mes 787,62 euros
Donativos 300,00
______________
TOTAL 1087,62 euros
Gastos:
Aportación ao Fondo Interparroquial 393,81 euros
Vales da Cociña Económica 63,24
______________
TOTAL 457,05 euros
Saldo de agosto: 630,57 euros.
Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
Páginas
▼
31 ago 2012
28 ago 2012
O GRAN DÍA DA FESTA DE SANTA MARGARIDA (26/08/2012)
Como é tradicional a Festa de Santa Margarida na Coruña celebrámola o derradeiro domingo de agosto. O Parque - o antigo "monte"- énchese de xente que acode a entreterse e compartir con familiares e amigos as variadas atraccións e espectáculos organizados pola Comisión de Festas da cidade.
Moita desa xente non sabe que a razón de localizar no "Parque" tantos entretementos nun determinado domingo está na conmemoración relixiosa da santa mártir Margarida. Os tempos mudan e cos tempos, os costumes. Nas romaxes acudíase á misa e despois viña o comer xuntos, divertirse e bailar.
Desde hai uns anos, semella que hai dúas festas diferentes, que se ignoran unha a outra: por un lado, a da Santa, na súa parroquia e cos seus devotos; e por outro, a da Comisión de Festas, no Parque, que conta tamén cos seus fregueses, ben dispostos ao consumo do polbo e do baile.
Despois da Misa das 12,30, arredor da unha e media do mediodía, saíu en procesión a imaxe de Santa Margarida. A procesión da nosa santiña polas rúas próximas á igrexa é moito máis ca unha expresión de relixiosidade popular ou folclórica.

25 ago 2012
A FESTA E MAIS A HISTORIA DE SANTA MARGARIDA
A festa
A tradición da festa de Santa Margarida na Coruña remóntase ata o século XVI ou antes. A capela que existía antes da actual igrexa parroquial tiña unha inscrición que a databa no século XVII, pero é seguro que no mesmo sitio houbo outra capela anterior.
Os coruñeses facían romaxe o derradeiro domingo de agosto achegándose á capela para honrar a santa, beber a auga da súa fonte e, en grupos, dar conta das "merendiñas" a base de polbo, tortilla e empanada acolléndose ás benéficas sombras do "monte", hoxe "parque". Os postres compúñanse de rosquillas, biscoito caseiro, queixo do país e pezas da froita do tempo. As muiñeiras, a gaita, os pasodobres animaban o corpo e mais o espírito dos concorrentes.
A historia
Unha páxina web de Internet, fiable pola seriedade dos seus responsables e colaboradores, resume con seriedade e cariño os datos sobre Santa Margarida que hoxe podemos soster como certos ou probables. Este é o enlace para os interesados no tema.
http://www.preguntasantoral.es/2011/07/santa-marina-margarita-de-antioquia/
De todos xeitos, xa en oculto, incluímos aquí toda esa información.

O evanxeo do Domingo XXI do Tempo Ordinario, B (26/08/2012)
EVANXEO Xn 6, 60-69 230809 - Na nosa parroquia a celebración da festa anual de Santa Margarida obriga a empregar as lecturas bíblicas das Misas dunha Santa Virxe e Mártir. Pero tamén nos unimos á Igrexa universal compartindo desde aquí a lectura evanxélica deste domingo.
More PowerPoint presentations from Andres GV
16 ago 2012
"Sínodo": o camiño que se anda en comuñón
O ARCEBISPO
ANUNCIOU UN SÍNODO

A palabra sínodo é unha palabra de
raíz grega, feita co prefixo “sin-“ que indica reunión, comunidade, e mais o
nome “odos”, que significa camiño. Sínodo, logo, literalmente é
“con-camiño”, isto é o camiño en unión, o camiño compartido, o camiño dos que
andan unidos.
Preparando a festa patronal. Novena a Santa Margarida
Desde o día 17 de agosto e ata o 25, antes da Eucaristía das 9 da mañá e das 19,30 da tarde, preparamos a festa da nosa santa padroeira rezando unidos a novena tradicional. Cada un dós días poñemos unha necesidade nas mans de Santa Margarida, conforme a seguinte relación:

- Día 17: polos nenos e pola mocidade da nosa parroquia.
- Día 18: Polos desempregados e necesitados.
- Día 19: Polas nosas familias e fogares.
- Día 20: Polas vocacións, laicais e ministeriais.
- Día 21: Polos inmigrantes e refuxiados.
- Día 22: Polas persoas maiores e enfermas.
- Día 23, aniversario XLIV da igrexa parroquial: pola comunidade parroquial.
- Día 24: Polos catequistas e educadores na fe.
- Día 25: por todos os voluntarios e colaboradores da acción pastoral da parroquia.

14 ago 2012
11 ago 2012
EVANXEO DOMINGO XIX DO TEMPO ORDINARIO, B (12/08/2012)
Evanxeo XIX TO B Xn 6, 41-52
More PowerPoint presentations from Andres GV
Pan de vida, pan dos que cren, pan para a resurrección, carne para a vida do mundo... Todos eses nomes teñen un so fundamentgo real e verdadeiro: nel dásenos Xesús, amando, salvando, compartindo connosco a condici`´on de fillo amado do Pai.