Benvido, benvida.
Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
Páginas
▼
16 ago 2012
Preparando a festa patronal. Novena a Santa Margarida
Desde o día 17 de agosto e ata o 25, antes da Eucaristía das 9 da mañá e das 19,30 da tarde, preparamos a festa da nosa santa padroeira rezando unidos a novena tradicional. Cada un dós días poñemos unha necesidade nas mans de Santa Margarida, conforme a seguinte relación: - Día 17: polos nenos e pola mocidade da nosa parroquia. - Día 18: Polos desempregados e necesitados. - Día 19: Polas nosas familias e fogares. - Día 20: Polas vocacións, laicais e ministeriais. - Día 21: Polos inmigrantes e refuxiados. - Día 22: Polas persoas maiores e enfermas. - Día 23, aniversario XLIV da igrexa parroquial: pola comunidade parroquial. - Día 24: Polos catequistas e educadores na fe. - Día 25: por todos os voluntarios e colaboradores da acción pastoral da parroquia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario