O ANO DA FE

Xa hai un mes publicou tamén unha Carta
Pastoral sobre O ano da fe, subtitulada coa bendición pascual de Xesús: “Benia os que creron sen veren” (Xn 20, 29).
O ano da fe é iniciativa do Papa Bieito
XVI, que a xustifica así no seu documento “Porta fidei”, A porta da fe.
Á luz de todo isto, decidín convocar un Ano da fe. Comezará o 11 de outubro de 2012, no cincuenta aniversario da apertura do Concilio Vaticano II, e rematará na solemnidade de Xesucristo, Rei do Universo, o 24 de novembro de 2013. Na data do 11 de outubro de 2012, celebraranse tamén os vinte anos da publicación do Catecismo da Igrexa Católica, promulgado polo meu Predecesor, o beato Papa Xoán Paulo II, coa intención de ilustrar a todos os fieis na forza e beleza da fe (Porta Fidei, 4). Neste caso podemos dicir que tanto o Papa coma o arcebispo fixeron un exercicio de sinxeleza e a lectura de ambos os dous documentos son bastante fáciles de ler.
A porta da fe, o documento de Bieito
XVI, ten un empezo engaiolante, como se pode comprobar:
«A porta da fe» (cf. Hch 14, 27), que introduce na vida de comuñón con Deus e permite a entrada na súa Igrexa, está sempre aberta para nós. Crúzase ese limiar cando a Palabra de Deus se anuncia e o corazón déixase plasmar pola graza que transforma. Atravesar esa porta supón emprender un camiño que dura toda a vida. (PF 1).ALGÚNS TEXTOS DE “PORTA FIDEI”
(Bieito XVI)
Mentres que no pasado era posible recoñecer un tecido cultural unitario, amplamente aceptado na súa referencia ao contido da fe e aos valores inspirados por ela, hoxe non parece que sexa xa así en vastos sectores da sociedade, a causa dunha profunda crise de fe que afecta a moitas persoas (PF 3)
Debemos descubrir de novo o gusto de alimentarnos coa Palabra de Deus, transmitida fielmente pola Igrexa, e o Pan da vida, ofrecido como sustento a todos os que son discípulos de Cristo (cf. Xn 6, 51) (PF 4).
A renovación da Igrexa pasa tamén polo testemuño ofrecido pola vida dos crentes. (PF 6).
Por iso, tamén hoxe é necesario un compromiso eclesial máis convencido en favor dunha nova evangelización para redescubrir a alegría de crer e volver atopar o entusiasmo de comunicar a fe. (PF 7).
Ao longo do Ano da fe teremos a oportunidade de confesar a fe no Señor Resucitado nas nosas catedrais e igrexas de todo o mundo; nas nosas casas e coas nosas familias, para que cada un sinta con forza a esixencia de coñecer e transmitir mellor ás xeracións futuras a fe de sempre. Neste ano, as comunidades relixiosas, así como as parroquiais, e todas as realidades eclesiais antigas e novas, atoparán o xeito de profesar publicamente o Credo (PF 8).

A..G.V
No hay comentarios:
Publicar un comentario