As Cáritas parroquiais da Coruña, coordinadas pola Cáritas Interparroquial, promoven unha campaña de recollidas de xoguetes, para que o Neno Xesús, Papá Noel e mais os Reis Magos non se esquezan -como xa ten pasado en anos anteriores- das familias e dos nenos que Cáritas vén atendendo gracias ás colectas e donativos dos cristiáns coruñeses e de moitas persoas de boa vontade.
Os xoguetes xa se entende que han de estar novos e que non deben requerir moito gasto de mantemento. Poñamos nas mans de Xesús os xoguetes que non se usan e que nos sobran.
Os xoguetes pódense entregar nas parroquias e mais en Cáritas Interparroquial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario