NA NOSA PARROQUIA O DIA DE SAN XOSÉ HABERÁ MISA ÁS 9,00, 12,30 E 19,30.
O próximo día 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, festa de precepto na Igrexa Católica, non aparece incluído no calendario de festas do ano 2013 na Comunidade Autónoma de Galicia, aínda que si nalgúns concellos. Polo tanto, considérase, civilmente, como día normal de traballo.
O próximo día 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, festa de precepto na Igrexa Católica, non aparece incluído no calendario de festas do ano 2013 na Comunidade Autónoma de Galicia, aínda que si nalgúns concellos. Polo tanto, considérase, civilmente, como día normal de traballo.
Tendo
en conta o arraigamento desta festividade no noso pobo, os Bispos das
Dioceses da Provincia Eclesiástica Compostelá nesta circunstancia,
para a orientación da conciencia dos nosos fieis, dispoñemos:
Manter o 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, festa de precepto,
coa obriga de participar na Santa Misa, aínda que sexa laboralmente
hábil.
1.
Aqueles fieis que teñan xornada laboral ordinaria quedan dispensados
do precepto, aínda que se lles pide e recomenda vivamente a
participación na Eucaristía dese día de festa dedicado a San Xosé,
Esposo da Virxe.
2.
Recoméndase a todos os sacerdotes, máxime aos párrocos e reitores
de igrexas, que dean as facilidades oportunas para cumprir co
precepto a todos os fieis cristiáns, facilitando un horario
apropiado para iso.
3.
Pedir, igualmente, aos párrocos e reitores de igrexas que comuniquen
aos fieis o contido desta nota e os horarios de misas coa debida
antelación.
4.
Ao coincidir a celebración do Día do Seminario coa festividade de
San Xosé, a oración e a colecta para o Seminario Diocesano serán
trasladadas á tarde do sábado, día 16, e ao domingo, día 17 de
marzo.
+
Julián, Arcebispo de Santiago
+
Luis, Bispo de Tui-Vigo
+
Manuel, Bispo de Mondoñedo-Ferrol
+
Alfonso, Bispo de Lugo
+
José Leonardo, Bispo de Ourense
No hay comentarios:
Publicar un comentario