Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
Páginas
▼
26 abr 2013
22 abr 2013
Evanxeo - Domingo IV de Pascua: Pastores con cheiro de ovella
Pascua IV C Xn 10,
More PowerPoint presentations from Andres GV
"Con cheiro de ovella" di o Papa Francisco. O cheiro de ovella é normal no pastor que anda entre elas e que as coñece e que elas saben se arriman a el na procura do seu aloumiño detrás das orellas.
"Con cheiro de ovella" é vivir o servizo desde os servidos, gozando da propia entrega.
"Con cheiro de ovella" di o Papa Francisco. O cheiro de ovella é normal no pastor que anda entre elas e que as coñece e que elas saben se arriman a el na procura do seu aloumiño detrás das orellas.
"Con cheiro de ovella" é vivir o servizo desde os servidos, gozando da propia entrega.
15 abr 2013
10 abr 2013
COLECTA DE CÁRITAS - 1º Domingo de abril - CONTAS DE MARZO
A colecta do primeiro domingo de abril
correspondente a Cáritas acadou os 622´44 euros.
Graciñas.
Benditos do Señor todos os que saben compartir as cargas dos máis débiles, cireneos da cruz de Cristo.
Graciñas.
Benditos do Señor todos os que saben compartir as cargas dos máis débiles, cireneos da cruz de Cristo.
CONTAS
MES DE MARZO 2013
INGRESOS
Colectas:
682,39 euros.
Donativos:
430,00 "
Comunicación
de Bens: 2255,00 "
TOTAL
INGRESOS ABRIL: 3367,39 euros.
GASTOS
Comunicación
de Bens: 341,19 euros.
Cociña
Económica: 80,64 "
Axudas
en metálico: 1014,00 euros.
GASTOS TOTALES ABRIL: 1435,83
euros8 abr 2013
O CRISTO ROTO OU INCOMPLETO
Hai xa tempo unha
freguesa fixera doazón dun Cristo crucificado, pero sen pés nin mans. Non
porque rompese, senón que é unha imaxe de Xesús na cruz feita así: sen pés e
sen mans.
Procurouse unha forma digna de ofrecelo á piedade e cariño de todos
e, así, foi colocado no panel primeiro da igrexa, entrando á man
dereita.
O NOVO BAPTISTERIO
![]() |
Novo Baptisterio, instalado na Semana Santa de 2013. |
No renovado baptisterio atopamos varios símbolos merecedores de reflexión. Está situado, coa súa pía, na entrada da igrexa, porque o Bautismo é o primeiro sacramento da iniciación cristiá: por el Deus ábrenos a porta da fe para entrar na súa Igrexa, comunidade dos crentes en Cristo.
Nos gravados dos esteos centrais podemos recoñecer os tres sacramentos da Iniciación: a vieira con auga representa o Bautismo;
o trigo alude ao Pan da Eucaristía; a pomba refírese ao Espírito Santo que se recibe na Confirmación.
No centro as letras gregas X (= J), e P (= R) crúzanse para recordarnos o nome de XRistós, Cristo, fundamento da nosa fe.
Na parte interior os esteos centrais mostran, dentro dun círculo, o perfil dun peixe con esta mesma palabra, peixe, en grego, que dá lugar ao anagrama da frase: Xesús Cristo, Fillo de Deus, Salvador. Era a confesión de fe dos cristiáns perseguidos polo Imperio Romano, disimulada así no debuxo do peixe.
5 abr 2013
Sínodo: somos un pobo que camiña
Pregúntome se os cristiáns somos
conscientes do que dicimos cando declaramos no Credo: Creo no Espírito Santo, na santa Igrexa
Católica, na comuñón dos santos...
Son palabras repetidas,
recitadas ás veces con monotonía rutineira, pero palabras que abren os contidos da fe a horizontes sen
fin, pois “o Espírito sopra onde quere”.
Son tamén palabras que
expanden a fe persoal ata a amplitude comunitaria e católica, é dicir, que me
poñen en verificación, pois o meu crer non é unha ilusión ou crenza miña, senón
da igrexa toda, esta nosa igrexa que
cre, predica, anuncia e vive a Xesucristo en todos os recunchos do mundo,
reunida e guiada polos seus bispos, sucesores dos apóstolos.
Neste
recuncho europeo e fisterrán onde se asenta a diocese de Santiago o noso
arcebispo vén de convocar un sínodo.