Hai xa tempo unha
freguesa fixera doazón dun Cristo crucificado, pero sen pés nin mans. Non
porque rompese, senón que é unha imaxe de Xesús na cruz feita así: sen pés e
sen mans.
Procurouse unha forma digna de ofrecelo á piedade e cariño de todos
e, así, foi colocado no panel primeiro da igrexa, entrando á man
dereita.
1). San Paulo
comenta: "Completo na miña carne o que falta á Paixón de Cristo en
favor do seu corpo que é a Igrexa" (Col 1, 24). Cristo está incompleto e a
súa redención non chega a todos, se nós, os membros do seu Corpo místico,
non facemos da nosa persoa e da nosa vida unha ofrenda de amor polos demais.
Mesmo os nosos padecementos se poden vivir como Xesús nos ensina desde a cruz.
As mans, os pés, que faltan nesa imaxe, son as nosas mans, os nosos pés, os
nosos padecementos.
2). O mundo está salvado
por Cristo, crucificado e resucitado. A tarefa de anunciar e levar a salvación
a todas as persoas e a toda a humanidade, sen embargo, está inacabada,
incompleta. Témoslle que emprestar a Cristo o noso corpo, as nosas mans, os
pés, o corazón, os labios, a voz, o traballo, etc, para que o Reinado de
Deus se vaia edificando na historia humana.
Esta é a idea principal da
oración que acompaña a imaxe. A oración di así:
Señor, non tes mans,
tes só as miñas mans...
Señor, non tes pés,
tes só os meus pés...
Señor, non tes labios,
tes só os meus labios...
Señor, non tes medios,
tes só a miña acción...
Señor, aquí tes as miñas mans,
os meus pés, os meus labios,
o meu tempo...
Irei contigo onde ti queiras.
Amén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario