![]() |
María Teresa, a primeira pola nosa esquerda, co Consello Xeral da súa Congregación. |
María
Teresa fala do proxecto Rainbow e do Centro Saint Mary de Chezi con palabras e
entoación sinxelas e humildes, pero vivas e cálidas, convincentes.
A
misión onde se levantou o Centro Saint Mary de Chezi acolle nel a 200 nenos
orfos, que encontran así fogar, alimentación apropiada e educación.
Ademais,
o proxecto Rainbow desenvolve desde 1991 un programa de educación e
alimentación para máis de mil cincocentos nenos dos poboados veciños, que veñen
á escola, comen e levan tamén o alimento
cotián para a súa familia.
O Centro Saint Mary dispón tamén de campos de
cultivo que traballan os propios nenos e os seus coidadores e monitores. Con
diversas axudas, instalouse un sistema de regadío, gota a gota, que permite
producir os froitos do país así como nabizas, pementos de Padrón, tomates,
repolos e outros produtos galegos, exportados
por María Teresa desde Bergantiños e que se adaptaron moi ben ao terreo e clima
local. Un fato de cabras andaluzas e un rabaño de vacas cedido por Reny Picot
completan o milagre cotián de Santa María de Chezi, equilibrando a alimentación
co aporte de carnes e derivados lácteos.
A
visita de María Teresa Andrade reforza a miña íntima e personalísima
satisfacción de ser e sentirme católico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario