Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
Páginas
▼
18 ago 2011
Benvido, Bieito XVI
Sí, tamén desde aquí lle damos a benvida a S.S. Bieito XVI. Desde aquí, desde esta humilde comunidade parroquial de Santa Margarida, afeitos como estamos a abrirlles as portas a todos: aos irmáns na fe por razóns de comunión e fraternidade; aos non crentes por razóns de humanidade e solidariedade pero, sobre todo, porque así nolo manda o Señor. ¿Como non recibir con alegría e abrirlle as portas do corazón e da casa ao Papa, sucesor de Pedro, bispo de Roma, a quen se lle confiou a unidade de todas as igrexas e ser signo do mesmo Cristo o Señor, Pastor e Mestre?

No hay comentarios:
Publicar un comentario