Páginas

27 oct 2011

DOMINGO XXXI (A)) - SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO (23, 1-12)

Naquel tempo, díxolles Xesús ós discípulos e mais á xente:
‑ Na cátedra de Moisés sentaron os letrados e mailos fariseos. Facede, logo, e cumpride canto vos digan, pero non imitéde-la súa conducta porque falan pero non cumpren. Atan fardos pesados e cánganos no lombo dos outros, pero eles nin un dedo poñen para os mover.
Todo o que fan é para que os vexan: vesten aparatosamente, ancheando as filacterias e as franxas dos seus mantos; buscan os primeiros postos nos banquetes e os primeiros asentos nas sinagogas; que lles fagan reverencias nas rúas e que lles chamen "mestre".
‑ Vós non vos fagades chamar "mestre", pois un só é o voso Mestre, e todos vós sodes irmáns. E a ninguén na terra chamedes "pai", porque un só é o voso Pai, o celestial. Nin tampouco vos fagades chamar "guieiro", porque un só é o voso Guieiro, Cristo.
O máis importante entre vós ha de ser servidor voso. Porque quen se enaltece, será humillado, e quen se humilla, será enaltecido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario