Páginas

27 dic 2012

O belen parroquial 2012. Galería de imaxes


O Belén parroquial inclúe este ano, ademais da imprescindible escena do portal de Belén, o nacemento do Señor, a serie de "misterios gozosos" que prepararon e seguiron aquel momento central da historia humana en que Deus planta a súa tenda no medio de nós, faise un de nós na carne estremecida e fráxil de Xesús recén nacido. 

 Todo empezara en Nazaret, cando Gabriel lle anunciou a María que Deus desexaba contar con ela para facerse home. Ela deu o seu si.
Por orde do Imperio Romano María e Xosé tiveron que desprazarse a  Belén para  cumprir coa orde de se censaren alí.
Non había sitio na pousada e a  María chegoulle a hora do parto. 
Acolléronse onde puideron. Naceu o Neno e acomodárono na comedeira dos animais
A vida arredor seguía coma sempre. As xentes acudían ao seu labor...
Uns pastores que gardaban de noite os seus rabaños recibiron  do ceo o aviso do nacemento  de Xesús
Acudiron axiña a Belén e atoparon todo como o anxo lles dixera.






Estraños personaxes desde Oriente tamén viñan cara a Belén preguntando por un neno que nacera e que ía ser  rei
Traían ricos e fermosos presentes para el.





No  mundo a inmensa maioría da xente, tan necesitada de esperanza, era allea ao gran acontecemento. Coma hoxe...

Moitas persoas festexan o Nadal e ignoran a aquel que naceu en Belén






Cumprido o tempo fixado na Lei, María e mais Xosé presentaron o neno no Templo. Os anciáns Simeón e Ana esperaban aquel momento...
Informados polos magos, María e Xosé fuxiron a Exipto para evitar que Herodes puidese darlle morte ao neno.  Alí viviron, esperando con ansia o momento de poder volver a Israel, a ´sua terra. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario