![]() |
| Sardiñas, churrasco, pan... e sobre todo, amizade, fraternidade e alegría. |
A sardiñada que pecha festiva e fraternalmente o curso pastoral non contará coa peza teatral que anunciabamos ata o día de hoxe. A representación teatral posponse para ocasión mellor porque non se viu o modo de facer compatibles no mesmo espazo e na mesma hora as mesas preparadas para o consumo de sardiñas e a comodidade dos asistentes para seguir con atención as escenas dramatizadas.
Non renunciamos á oferta desinteresada dos compoñentes do Grupo teatral Portasabertas, senón que aprazamos a súa actuación nos locais parroquiais para unha data máis xeitosa, posiblemente no outono próximo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario