Este veu de testemuña para dar testemuño da luz, para que todos cresen por el.
Non era el a luz, senón que veu para dar testemuño da luz.
E este é o testemuño de Xoán cando os xudeus lle mandaron de Xerusalén sacerdotes e levitas onda el, para lle preguntar:
‑ ¿Ti quen es?
El declarou e non negou. Declarou:
‑ Eu non son o Cristo.
Preguntáronlle:
‑ Entón ¿quen es ti? ¿Es Elías?
Contestou:
‑ Non son.
‑ ¿E-lo profeta?
Respondeu:
‑ Non.
Daquela dixéronlle:
‑ ¿E, logo, quen es? Para que lles poidamos dar unha resposta ós que nos mandaron. ¿Que dis de ti mesmo?
El dicía:
‑ Eu son a voz do que clama no deserto, "endereitade o camiño do Señor" (como escribira o profeta Isaías).
Algúns dos mandados eran fariseos e preguntáronlle:
‑ Entón ¿por que bautizas, se non es ti o Cristo nin Elías nin o profeta?
Xoán respondeulles:
‑ Eu bautizo con auga; mais entre vós está quen vós non coñecedes; o que vén detrás miña e eu non son merecente de lle desata-lo amalló da sandalia.
Todo isto pasou en Betania, pola outra banda do Xordán, onde estaba Xoán bautizando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario