Páginas

15 dic 2011

DOMINGO IV DE ADVENTO - SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS (Lc 1, 26-38)

Naquel tempo, Deus mandou o anxo Gabriel a unha cidade de Galilea, chamada Nazaret, onda unha virxe prometida a un home da casa de David, que se chamaba Xosé. O nome da virxe era María.
O anxo entrou onde estaba ela, e díxolle:
‑ Alégrate, chea de gracia, o Señor está contigo.
Ela turbouse con estas palabras e cavilaba no que podería significa‑lo saúdo aquel. Díxolle entón o anxo:
‑ Non teñas medo, María, porque acadaches gracia ante Deus. Velaí que vas concibir no teu ventre e dar á luz un fillo, ó que lle poñerás de nome Xesús. El será grande e chamarase Fillo do Altísimo, e o Señor Deus daralle o trono de David, seu pai; reinará por sempre na casa de Xacob, e o seu reinado non terá fin.
Díxolle María ó anxo:
‑ ¿Como vai acontecer iso, pois eu non coñezo varón?
O anxo respondeulle:
‑ O Espírito Santo ha de baixar sobre ti, e o poder do Altísimo hate de cubrir coa súa sombra; por iso o que vai nacer de ti será santo e chamarase Fillo de Deus. Aí te‑la túa curmá Isabel, que concibiu un fillo na súa vellez, e xa está de seis meses a que chamaban estéril, que para Deus non hai imposibles.
Entón María dixo:
‑ Velaquí a escrava do Señor, cúmprase en min o que dixe­ches.
E o anxo marchou de onda ela.
            Palabra do Señor / Loámoste, Cristo

No hay comentarios:

Publicar un comentario