Pensabamos que o noso blog non lles interesaba aos internautas, nin sequera aos da parroquia. Non sentimos o paso polo noso blog das persoas que o visitan. Non deixan comentarios, que é a maneira de dicir "estiven aquí e, ao ler o blog, pensei isto". Nada, silencio. Non hai comentarios.
Pero botando unha ollada ás estatísticas que Blogger ofrece aos seus usuarios resulta que no último mes (novembro) o blog foi visitado 464 veces. E desde que se creou, as visitas totais foron 1781. A maioría proceden de España, pero tamén hai de Alemaña (57), Estados Unidos (38), Rusia (38), Colombia, Arxentina, Chile e Italia.
Está por saber cantos dos visitantes son fregueses ou veciños de Santa Margarida.
A estatística anímanos a seguir aquí, deixando constancia do labor dos membros da comunidade parroquial ao servizo do evanxeo de Xesucristo.
Para que quede constancia de miña visita e saibades que, ainda non sendo a miña parroquia, vos levo no corazón, déixovos esta mensaxe de agradecemento polo voso cariño e a vosa acollida desta "polizonte".
ResponderEliminarTamén quero darvos a noraboa polo éxito desta aventura cibernética.
Felices Pascoas a todos, unha aperta grande e bicos dabondo para repartires :-)
O blog interesa. Como non vai interesar! Noraboa e adiante
ResponderEliminarEste blog é un dos meus blogs preferidos por ter interesantes contidos e un formato cómodo e elegante. Unha aperta.
ResponderEliminar