Como María, coma Xoán o Bautista, tamén nós preparamos unha hospedaxe para o Señor que vén no Nadal: o noso corazón. Será unha morada pobre pero limpa; austera pero confortable; pequena pero cálida e acolledora. Estamos convocados para que Xesús encontre sitio na nosa pousada.
Coa penitencia compartida e celebrada en comuñón e fraternidade, expresamos a nosa debilidade persoal e agradecemos o perdón de Deus que nos chega por medio da Igrexa.
Trátase de prender as nosas lámpadas, como facemos coa coroa do advento, pero decatándonos do que iso significa: brillar coa luz do amor de Deus, coa candea da súa misericordia, para sermos testemuñas da súa luz. Que na nosa vecindade todos poidan ver, nos cristiáns, a luz que sinala o camiño cara a Cristo recén nacido.
A celebración do perdón vai seguida da Eucaristía habitual.

No hay comentarios:
Publicar un comentario