Na imaxe vemos a D. Julián, o arcebispo de Santiago, e a D. Leonardo Lemos Montanet, designado bispo de Ourense polo Papa Bieito XVI, nun momento da rolda de prensa na catedral, o venres día 16, ao mediodía.
D. Leonardo Lemos Montanet era profesor do Instituto Teolóxico Compostelán, no que exerceu diversos cargos, actualmente tamén era Director Técnico do Seminario Menor de Santiago e coengo da catedral.
Omnia in caritate é o lema episcopal do novo bispo. Significa literalmente "todo con amor".Está inspirado no lema episcopal do tamén arcebispo compostelán cardeal Quiroga, de quen D. Leonardo é biógrafo.
¡Moitas felicidades, D. Leonardo! ¡Que o Señor o guíe na nova tarefa encomendada!
Pincha aquí : http://www.youtube.com/watch?v=LdaIfxnZT4w&feature=player_embedded

No hay comentarios:
Publicar un comentario