MISAS POLA MAÑÁ:
10,00; 11,00; 12,30 SOLEMNE CON PROCESIÓN.
POLA TARDE: 19,30.
Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
Páginas
▼
22 ago 2013
SANTA MARGARITA. HISTORIA, LEYENDA Y TRADICIÓN
INCLUÍMOS AQUÍ, POR RAZÓN DE LA PROXIMIDAD DE LA FIESTA ANUAL,
UNA INFORMACIÓN INTERESANTE SOBRE SANTA MARGARITA,
SU CULTO Y DEVOCIÓN.
LAS PERSONAS INTERESADAS PUEDEN CONSULTAR TAMBIÉN LAS ETIQUETAS "ICONOGRAFIA SAGRADA" Y "RELIXIOSIDADE POPULAR".
SANTA MARGARITA DE ANTIOQUIA
I
En
las narraciones, escasas de datos, de la
vida de Santa Margarita de Antioquía (Santa Marina para la
iglesia griega) se confunde la realidad
con la leyenda. Los que aquí ofrecemos son
una síntesis, elaborada por Manrique Rodríguez, a base de las diversas
tradiciones transmitidas en martirologios y santorales,.
![]() |
Procesión en la fiesta del año 2012 |
La fiesta de Santa Margarita se celebra el día
20 de julio. En A Coruña se celebra el último domingo de agosto.
Nuestra parroquia heredó de los PP. Franciscanos, que atendían la ermita antes
de la existencia de la parroquia como tal,
un himno que resume los nebulosos datos biográficos de la santa y
comienza así, aludiendo al día de la fiesta:
Hoy en torno del ara bendita
entonemos un himno
en loor
de la virgen sin par
Margarita,
que perfuma el altar
del Señor.
Infancia
y adolescencia
El
himno a Santa Margarita continúa así:
Blanca flor de radiante hermosura,
la belleza del ángel
copió
y fue su alma tan
casta y tan pura
que a su Esposo
Jesús cautivó.
Santa
Margarita nació en Antioquía de Pisidia, en la península de Anatolia, actual
Turquía. Antioquía de Pisidia, es una
antigua población de Asia Menor, probablemente perteneciente a Frigia. Fundada
por colonos procedentes de Magnesia, bajo Seleuco Nicátor, fue declarada
ciudad libre por los romanos en el siglo II a de C., y convertida en colonia
bajo Augusto, con el nombre de Caesarea
Antioquia. Pablo y Bernabé hacen el
primer viaje misionero a ella, como se refiere en los Hechos de los Apóstoles (Hch
14, 21-24) .
Unos
datan el nacimiento de Marina/Margarita entre los años 255-275 (?) ; otros, algo más tarde, bajo el imperio de
Diocleciano (años 284-305 d. De C). Este
emperador romano se distinguió por la
crueldad metódica con que persiguió a los cristianos, viéndose éstos en la
necesidad de esconderse en cuevas (catacumbas)
y huir
al desierto.
El padre de Santa Margarita se llamaba Teudio o
Teódulo y era sacerdote de dioses romanos. Margarita fue criada, como era costumbre entonces,
por una nodriza, quien, siendo cristiana, inicia a la niña en la fe.
A los doce años Margarita recibe el bautismo y se consagra
mediante votos como esposa mística de
Cristo.
Al
conocer su padre que ella había abrazado
la religión cristiana y renegado de los dioses, estuvo decidido a denunciarla; pero, por su amor de
padre no lo hace y así evita su muerte. Pero decide renegar de ella, no
reconocerla como hija, y expulsarla del
domicilio paterno.
Margarita
se hizo pastora y cuidaba los corderos de su ama de leche cerca de la ciudad de Antioquía.
17 ago 2013
3 ago 2013
DOMINGO XVIII: GASTAR O TEMPO, GAÑAR COUSAS, PERDER O TEMPO
Dom. XVIII.C. Lc 12, 13-21 pps
More PowerPoint presentations from Andres GV
Resoa con forza este domingo a voz pesimista pero atinada do sabio de
Israel, chamando a atención sobre a frívola maneira de gastar o noso tempo. E
non me refiro as vacacións ben gañadas nin ao disfrute do tempo libre, de
paraia, de montaña; nin sequera me refiro ás mesas festivas e familiares ben
abastecidas, das que case ninguen se libera nin fai moito esforzo por
liberarse. Refírome á advertencia, que tamén recolle o salmo:
Ensínanos a contar os nosos
días,
para que acheguemos o corazón
á sabedoría.
O evanxeo noavemente recolle o tema da primeira lectura e
Xesús fainos a grave advertencia sobre a precariedade da existencia e encáranos
coa cuestión da súa finalidade: para que vivimos, se ao remate non levamos nada
deste mundo para o outro? Cuestión interesante. A pensar. E optar.
20 jul 2013
"A mellor parte" DOMINGO XVI C - TEMPO ORDINARIO
Dom XVI (C)
More PowerPoint presentations from Andres GV
A fe non é outra cousa que o recoñecemento de que Deus nos ama. Ante este
descubrimento –verdadeira revelación, encontro persoal co Señor resucitado-
nace no corazón o agradecemento. Crer en Deus é inseparable do amor aos irmáns,
porque xa el nos dá o seu propio amor. Os cristiáns aprendemos a amar co amor
de Deus, co amor de Cristo. Como di Bieito XVI en Deus Caritas est, o cristián
que voluntariamente participa na acción caritativa da Igrexa (como Igrexa, como
cristián que é) é un voluntario a quen Cristo concede un “corazón que ve”, isto
é, empezamos a ver as persoas e os acontecementos cos ollos e coa mirada de
Xesús. Por iso é imprescindible sentarnos aos pés do Mestre e aprender a súa
mirada...
“María escolleu a mellor parte” porque o que María escoita é
a motivación, o fundamento, o amor para exercer a fe, pois iso é a caridade, a
fe activa, a fe en dinamismo, a fe que nos pon ao servizo do próximo e que nos
fai próximos de todos...
15 jul 2013
O ESTIPENDIO DA MISA DA TVG
![]() |
Na igrexa de San Frutuoso, depois da celebración, o oficiante e mais o coro, integrado por colaboradores de Pastoral Xuvenils de Santiago, |
Na
actualidade o coro ou grupo de canto, a parroquia de San Frutuoso en Santiago que acolle a celebración, e
mais o oficiante, repártense exactamente, e, non a partes iguais, 475 euros por
programa.
O
resto vai, sobre todo, en nóminas dos operadores de cámara, o editor de video,
o técnico do enlace, o realizador, e mais o transporte dos xeradores de
electricidade e outros elementos necesarios para a retransmisión.
VISITA DE MISIONEIRA
![]() |
María Teresa, a primeira pola nosa esquerda, co Consello Xeral da súa Congregación. |
María
Teresa fala do proxecto Rainbow e do Centro Saint Mary de Chezi con palabras e
entoación sinxelas e humildes, pero vivas e cálidas, convincentes.
13 jul 2013
10 jul 2013
6 jul 2013
REVISION DO CURSO PASTORAL 2012-13
Na xornada do sábado 6 de xullo, no colexio das Xesuitinas, na Zapateira, reuniuse o párroco, D. Manuel, cun pequeno grupo de fregueses para revisar o curso 2012-13 e preparar os criterios e actividades do próximo curso 2013-14.
Foi un traballo intenso, de reflexión, de oración sobre o evanxeo do domingo XIV, Ciclo C, e onde non faltou o xantar compartido, a alegría e mais unha interesante sobremesa coas relixiosas, que se uniron ao grupo para o café.
Unha xornada que esperamos frutuosa para a vida parroquial.
![]() |
O Evanxeo sempre fai pensar |
![]() |
Da Palabra do Señor naceron as ideas |
![]() |
Non faltou o bo humor, a alegría da fe |
![]() |
Os proxectos nacen para ser cumpridos |
![]() |
A xornada foi un exercicio de fraternidade |
![]() |
O xantar foi unha festa. Todo estaba previsto, incluso o café e mais as lambetadas |
29 jun 2013
CREMACIÓN, SEPULTURA... A EXPRESIÓN DA FE CRISTIÁ NA RESURRECCIÓN (R.C.C.S.)
O xenuíno concepto cristián da morte afirma que Deus creou o o ser humano para un destino feliz, que vai máis aló das fronteiras da morte pero que, necesariamente, ten que pasar por esta, vencéndoa.
Tal victoria acadouna Cristo, liberándonos da morte coa súa propia paixón, morte e resurrección.
Así pois, é unha obriga para todo cristián (recordemos as “obras de misericordia”,…) preparar axeitadamente as honras fúnebres dun irmán na fe.
¿CREMACION OU SEPULTURA?
Xa hai tempo que vén crecendo entre nós (máis frecuentemente nas cidades) o número de cristiáns que escollen a cremación para si mesmos ou para os seus familiares. Ante esta realidade social parece apropiado ir medrando, tamén, na comprensión da nosa fe e nas opcións a tomar en consecuencia. As seguintes reflexións poden axudarnos a facer esta síntese entre fe e vida.
PÁRROCO DE SANTA MARIA E SANTIAGO DA CORUÑA

O arcebispo nomeu o pasado día 21 de xuño a D. Andrés
García Vilariño párroco de Santa María e Santiago, a parroquia da Cidade Vella
coruñesa.
Por esta causa D. Andrés deixa o labor ministerial en Santa
Margarida, pero non se esquecerá dos
moitos e bos amigos que ten nesta nosa comunidade.
Aquí, desde neno, creceu como cristián e
aquí cumpriu diversos servizos desde a súa ordenación sacerdotal no Fogar de
Santa Margarida en 1970.
A súa presentación como párroco de Santa María e
Santiago está prevista para o domingo
día 7 na eucaristía das 12,30.
"QUIERO VER" axúdanos a ver o amigo que chama, acompaña...
O amigo Cristo chama e interpela. Que é o que nos impide seguilo?
20 jun 2013
O EVANXEO DO DOMINGO XII DO TEMPO ORDINARIO, C: DAR A VIDA...
Dom. XII C. Lc 9. 200610
Quen, chamado por Xesús, decide seguilo, debe facelo coa lucidez de quen se botará a nadar sen gardar a roupa... Seguir a Xesús é descubrir unha nova liberdade.
More PowerPoint presentations from Andres GV
More PowerPoint presentations from Andres GV
8 jun 2013
SARDIÑADA O DÍA 28 DE XUÑO, VENRES, ÁS 20,30
![]() |
Sardiñas, churrasco, pan... e sobre todo, amizade, fraternidade e alegría. |
A sardiñada que pecha festiva e fraternalmente o curso pastoral non contará coa peza teatral que anunciabamos ata o día de hoxe. A representación teatral posponse para ocasión mellor porque non se viu o modo de facer compatibles no mesmo espazo e na mesma hora as mesas preparadas para o consumo de sardiñas e a comodidade dos asistentes para seguir con atención as escenas dramatizadas.
Non renunciamos á oferta desinteresada dos compoñentes do Grupo teatral Portasabertas, senón que aprazamos a súa actuación nos locais parroquiais para unha data máis xeitosa, posiblemente no outono próximo.
7 jun 2013
1 jun 2013
25 may 2013
18 may 2013
11 may 2013
9 may 2013
TESTEMUÑAS DA FE NO MUNDO - PENTECOSTE, DIA DA ACCION CATOLICA E DO APOSTOLADO SEGRAR
Esta é a hora
do Espírito, canta un himno da
Liturxia das Horas. O día 19 de maio os
cristiáns festexamos a pascua do Espírito Santo. En Pentecoste o Espírito do
Señor arde no corazón dos apóstolos para que leven o anuncio de Xesucristo ao
mundo enteiro. Ese é tamén o Día do Apostolado Segrar e da Acción
Católica.
Hai
tempo que estas expresións, Apostolado Segrar e Acción Católica, son menos frecuentes nas homilías e na fala coloquial das
parroquias. Para moitos incluso resultarán novidosas, ou rancias. A palabra "Apostolado", no senso
de acción evanxelizadora e testimonial
da fe, cedeu paso a evanxelización,
misión, testemuño, compromiso. A "Acción Católica", nome común dos
movementos laicais en dependencia directa dos bispos diocesanos, recoñecida
como organización oficial da Igrexa, ten para algúns o recendo do nacionalcatolicismo. Non falta quen a considera
desaparecida ou, en todo caso, reducida a grupos nostálxicos e avellentados.
3 may 2013
26 abr 2013
22 abr 2013
Evanxeo - Domingo IV de Pascua: Pastores con cheiro de ovella
Pascua IV C Xn 10,
More PowerPoint presentations from Andres GV
"Con cheiro de ovella" di o Papa Francisco. O cheiro de ovella é normal no pastor que anda entre elas e que as coñece e que elas saben se arriman a el na procura do seu aloumiño detrás das orellas.
"Con cheiro de ovella" é vivir o servizo desde os servidos, gozando da propia entrega.
"Con cheiro de ovella" di o Papa Francisco. O cheiro de ovella é normal no pastor que anda entre elas e que as coñece e que elas saben se arriman a el na procura do seu aloumiño detrás das orellas.
"Con cheiro de ovella" é vivir o servizo desde os servidos, gozando da propia entrega.
15 abr 2013
10 abr 2013
COLECTA DE CÁRITAS - 1º Domingo de abril - CONTAS DE MARZO
A colecta do primeiro domingo de abril
correspondente a Cáritas acadou os 622´44 euros.
Graciñas.
Benditos do Señor todos os que saben compartir as cargas dos máis débiles, cireneos da cruz de Cristo.
Graciñas.
Benditos do Señor todos os que saben compartir as cargas dos máis débiles, cireneos da cruz de Cristo.
CONTAS
MES DE MARZO 2013
INGRESOS
Colectas:
682,39 euros.
Donativos:
430,00 "
Comunicación
de Bens: 2255,00 "
TOTAL
INGRESOS ABRIL: 3367,39 euros.
GASTOS
Comunicación
de Bens: 341,19 euros.
Cociña
Económica: 80,64 "
Axudas
en metálico: 1014,00 euros.
GASTOS TOTALES ABRIL: 1435,83
euros8 abr 2013
O CRISTO ROTO OU INCOMPLETO
Hai xa tempo unha
freguesa fixera doazón dun Cristo crucificado, pero sen pés nin mans. Non
porque rompese, senón que é unha imaxe de Xesús na cruz feita así: sen pés e
sen mans.
Procurouse unha forma digna de ofrecelo á piedade e cariño de todos
e, así, foi colocado no panel primeiro da igrexa, entrando á man
dereita.
O NOVO BAPTISTERIO
![]() |
Novo Baptisterio, instalado na Semana Santa de 2013. |
No renovado baptisterio atopamos varios símbolos merecedores de reflexión. Está situado, coa súa pía, na entrada da igrexa, porque o Bautismo é o primeiro sacramento da iniciación cristiá: por el Deus ábrenos a porta da fe para entrar na súa Igrexa, comunidade dos crentes en Cristo.
Nos gravados dos esteos centrais podemos recoñecer os tres sacramentos da Iniciación: a vieira con auga representa o Bautismo;
o trigo alude ao Pan da Eucaristía; a pomba refírese ao Espírito Santo que se recibe na Confirmación.
No centro as letras gregas X (= J), e P (= R) crúzanse para recordarnos o nome de XRistós, Cristo, fundamento da nosa fe.
Na parte interior os esteos centrais mostran, dentro dun círculo, o perfil dun peixe con esta mesma palabra, peixe, en grego, que dá lugar ao anagrama da frase: Xesús Cristo, Fillo de Deus, Salvador. Era a confesión de fe dos cristiáns perseguidos polo Imperio Romano, disimulada así no debuxo do peixe.
5 abr 2013
Sínodo: somos un pobo que camiña
Pregúntome se os cristiáns somos
conscientes do que dicimos cando declaramos no Credo: Creo no Espírito Santo, na santa Igrexa
Católica, na comuñón dos santos...
Son palabras repetidas,
recitadas ás veces con monotonía rutineira, pero palabras que abren os contidos da fe a horizontes sen
fin, pois “o Espírito sopra onde quere”.
Son tamén palabras que
expanden a fe persoal ata a amplitude comunitaria e católica, é dicir, que me
poñen en verificación, pois o meu crer non é unha ilusión ou crenza miña, senón
da igrexa toda, esta nosa igrexa que
cre, predica, anuncia e vive a Xesucristo en todos os recunchos do mundo,
reunida e guiada polos seus bispos, sucesores dos apóstolos.
Neste
recuncho europeo e fisterrán onde se asenta a diocese de Santiago o noso
arcebispo vén de convocar un sínodo.
1 abr 2013
30 mar 2013
29 mar 2013
23 mar 2013
22 mar 2013
21 mar 2013
Remodelación do baptisterio na igrexa parroquial
![]() |
Os marmoristas en plena tarefa de remodelación do baptisterio na nosa igrexa parroquial. |
Estamos no Ano da fe, convocado polo Papa emérito Bieito XVI para animar os cristiáns a mostrar aos conveciños a alegría de crer.
O Bautismo é o sacramento que nos dá a entrada na Igrexa, por iso normalmente as pías bautismais se colocan na entrada, para indicar dese modo que polas augas bautismais entramos no pobo santo de Deus, coma membros unxidos polo Espírito de Xesús e acollidos coma fillos por Deus Pai.
15 mar 2013
DIA DE SAN XOSÉ: NOTA DOS BISPOS GALICIA
NA NOSA PARROQUIA O DIA DE SAN XOSÉ HABERÁ MISA ÁS 9,00, 12,30 E 19,30.
O próximo día 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, festa de precepto na Igrexa Católica, non aparece incluído no calendario de festas do ano 2013 na Comunidade Autónoma de Galicia, aínda que si nalgúns concellos. Polo tanto, considérase, civilmente, como día normal de traballo.
O próximo día 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, festa de precepto na Igrexa Católica, non aparece incluído no calendario de festas do ano 2013 na Comunidade Autónoma de Galicia, aínda que si nalgúns concellos. Polo tanto, considérase, civilmente, como día normal de traballo.
Tendo
en conta o arraigamento desta festividade no noso pobo, os Bispos das
Dioceses da Provincia Eclesiástica Compostelá nesta circunstancia,
para a orientación da conciencia dos nosos fieis, dispoñemos:
Manter o 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, festa de precepto,
coa obriga de participar na Santa Misa, aínda que sexa laboralmente
hábil.
1.
Aqueles fieis que teñan xornada laboral ordinaria quedan dispensados
do precepto, aínda que se lles pide e recomenda vivamente a
participación na Eucaristía dese día de festa dedicado a San Xosé,
Esposo da Virxe.
14 mar 2013
A ALEGRIA DA IGREXA: "Habemus Papam: Franciscus"
Unha hora e corenta minutos de vídeo recollendo en tempo real, con sonido ambiente, sen comentarios, a gravación do Centro Televisivo Vaticano do acontecer en San Pedro desde a fumata branca, ás 19,06 da tarde do día 13/03/2013, ata a bendición papal do novo sucesor de Pedro, o papa Francisco.
Unha alegría que une e reforza os sentimentos de comuñón entre os cristiáns e católicos do mundo enteiro.
Benvido, Francisco, irmán e pai.
7 mar 2013
6 mar 2013
CONTAS DE
CÁRITAS: FEBREIRO
INGRESOS
Colecta Febreiro: 656,22 euros
Donativos: 260,00
“
TOTAL 916,22
euros
GASTOS
Fondo interparroquial: 328,11 euros
Vales Cociña Económica: 81,84 “
Axudas en efectivo: 1365,00 “
Vales de Gadis: 1800,00
“
TOTAL 3574,95 euros.
Colecta das misas do primeiro
domingo de marzo: 682,39 euros.
2 mar 2013
22 feb 2013
15 feb 2013
12 feb 2013
BIEITO XVI FAI PUBLICA A SÚA RENUNCIA COMO PAPA
O día 11 de febreiro, conmemoración de Nosa Señora de Lourdes e Xornada Mundial do Enfermo, o Papa Bieito XVI presentouse ante os cardeais da Igrexa como débil e incapaz de seguir á fronte do ministerio que lle fora encomendado en abril de 2005. Estas foron as súas palabras:
Despois de examinar ante Deus reiteradamente a miña conciencia, cheguei á certeza de que, pola idade avanzada, xa non teño forzas para exercer axeitadamente o ministerio de Pedro. Son moi consciente de que este ministerio, pola súa natureza espiritual, debe ser levado a cabo non soamente con obras e palabras, senón tamén, e en non menor grao, sufrindo e rezando.
Despois de examinar ante Deus reiteradamente a miña conciencia, cheguei á certeza de que, pola idade avanzada, xa non teño forzas para exercer axeitadamente o ministerio de Pedro. Son moi consciente de que este ministerio, pola súa natureza espiritual, debe ser levado a cabo non soamente con obras e palabras, senón tamén, e en non menor grao, sufrindo e rezando.
25 ene 2013
17 ene 2013
EL GRUPO PARROQUIAL DE TEATRO HIZO SU PRIMERA REPRESENTACIÓN
El grupo de teatro parroquial presenta
en exclusivo estreno
UNA NOTICIA DISTINTA
Función teatral de tema navideño de
MARIA YOLANDA RABADAN
HERNANDEZ
6 DE ENERO DE 2013
Fiesta de la Epifanía, a las 20,15