A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

21 sept. 2011

ASEMBLEA DIOCESANA - 17 DE SETEMBRO 2011

"Señor, Ti tes palabras de vida eterna".
Este é o lema do novo Plano pastoral que se presentou na Asemblea Diocesana que tivo lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago e na que a nosa parroquia estivo tamén representada por un grupo de fregueses. En total reuníronse  co arcebispo máis de oitocentas persoas  procedentes de parroquias, asociacións, movementos  e congregaciones de toda a diocese, convocados para compartir una mesma tarefa común:  "Revalorizar a presenza da Palabra de Deus na pastoral da nosa Igrexa como fonte dunha Nova Evangelización". Así se formulou o obxectivo do novo Plan Pastoral 2011-2014.
Pola mañá, Luís Herrero Mayor e Olga López Míguez reflexionaron sobre: "A evangelización na cultura actual" e  "A Palabra de Deus na pastoral da Igrexa".. Seguidamente houbo unha mesa redonda onde membros de varias delegacións diocesanas mostraron os obxectivos e actividades das súas respectivas áreas pastorais.
Pola tarde, Luís Otero e Eugenio González presentaron o Plano Pastoral e os obxectivos do mesmo, ofrecendo e explicando os diferentes materiais que se publicaron para axudar a levalo a cabo.
Presidiu o arcebispo, D. Julián, que estivo todo o día cos participantes, aos que animou a acoller a Palabra de Deus, gardala no corazón, como María, e anunciala  no nome de Xesús, o Señor.

17 sept. 2011

Domingo XXV do Tempo Ordinario - Andres GV

   O evanxeo deste domingo ponnos diante tres temas patentes e moitos outros implíctos.
   Entre os patentes: a traxedia da falta de traballo;  a responsabilidade dos patróns e empresarios en facilitalo; traballar na viña do Señor, isto é, no seu reino,  non é carga senón graza; os dons de Deus non teñen prezo e a súa xustiza non é coma a nosa; a conclusión da parábola: os últimos son os preferidos de Deus (precisamente porque non é coma nós nin exerce a xustiza coma nós).
   Entre os implícitos: o sentido misioneiro e evanxelizador do seguidor de Xesús; onde e do lado de quen nos situamos na historia humana: onde están os nosos “últimos”?; optar por ser último xa, desde agora, para vivir a alegría dun amor que so entende quen ama entre e desde os “últimos”. 

Pincha aquí para seguir pensando coa axuda de "Quiero ver"
 http://www.youtube.com/watch?v=nqjK3Fzullg&feature=player_embedded

8 sept. 2011