A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

29 jun. 2013

CREMACIÓN, SEPULTURA... A EXPRESIÓN DA FE CRISTIÁ NA RESURRECCIÓN (R.C.C.S.)

         
   Certamente, a morte dun cristián é un acontecemento importante para a comunidade, para a Igrexa, que acompaña pastoralmente todos os feitos da nosa existencia terrea.
   O xenuíno concepto cristián da morte afirma que Deus creou o o ser humano para un destino feliz, que vai máis aló das fronteiras da morte pero que, necesariamente, ten que pasar por esta, vencéndoa.
   Tal victoria acadouna Cristo, liberándonos da morte coa súa propia paixón, morte e resurrección.
    Así pois, é unha obriga para todo cristián (recordemos as “obras de misericordia”,…) preparar axeitadamente as honras fúnebres dun irmán na fe.


¿CREMACION OU SEPULTURA?
   Xa hai tempo que vén crecendo entre nós (máis frecuentemente nas cidades) o número de cristiáns que escollen a cremación para si mesmos ou para os seus familiares. Ante esta realidade social parece apropiado ir medrando, tamén, na comprensión da nosa fe e nas opcións a tomar en consecuencia. As seguintes reflexións poden axudarnos a facer esta síntese entre fe e vida.

PÁRROCO DE SANTA MARIA E SANTIAGO DA CORUÑA


   O arcebispo nomeu o pasado día 21 de xuño a D. Andrés García Vilariño párroco de Santa María e Santiago, a parroquia da Cidade Vella coruñesa.
   Por esta causa D. Andrés deixa o labor ministerial en Santa Margarida,  pero non se esquecerá dos moitos e bos amigos que ten nesta  nosa comunidade. Aquí, desde neno,  creceu como cristián e aquí cumpriu diversos servizos desde a súa ordenación sacerdotal no Fogar de Santa Margarida en 1970.
   A súa presentación como párroco de Santa María e Santiago está prevista para  o domingo día 7 na eucaristía das 12,30. 

"QUIERO VER" axúdanos a ver o amigo que chama, acompaña...



O amigo Cristo chama e interpela. Que é o que nos impide seguilo?

DOMINGO III DO TEMPO ORDINARIO. A CHAMADA DO SEÑOR

20 jun. 2013

O EVANXEO DO DOMINGO XII DO TEMPO ORDINARIO, C: DAR A VIDA...

Dom. XII C. Lc 9. 200610


 Quen, chamado por Xesús, decide seguilo, debe facelo coa lucidez de quen se botará a nadar sen gardar a roupa... Seguir a Xesús é descubrir unha nova liberdade. 

More PowerPoint presentations from Andres GV

8 jun. 2013

SARDIÑADA O DÍA 28 DE XUÑO, VENRES, ÁS 20,30

Sardiñas, churrasco, pan...
e sobre todo, amizade, fraternidade e alegría.
   A sardiñada que pecha festiva e fraternalmente o curso pastoral non contará coa peza teatral que anunciabamos ata o día de hoxe. A representación teatral posponse para ocasión mellor porque non se viu o modo de facer compatibles no mesmo espazo e na mesma hora as mesas preparadas para o consumo de sardiñas e a comodidade dos asistentes para seguir con atención as escenas dramatizadas.
   Non renunciamos á oferta desinteresada dos compoñentes do Grupo teatral Portasabertas, senón que aprazamos a súa actuación nos locais parroquiais para unha data máis xeitosa, posiblemente no outono próximo.
     Para participar na Sardiñada é indispensable anotarse con antelación suficiente para que os responsables e coordinadores poidan preparar todo o necesario sen agobios e coa competencia acostumada .

Nada es imposible. "Quiero ver" le o evanxeo desde outra perspectiva.