A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

22 may. 2012

Unha conferencia interesante na Semana Social


La cultura en la Europa de los albores del siglo XXI

Dr. D. Fernando García Cortazar
Catedrático de Historia Contemporánea de la Universidad de Deusto

20 may. 2012

Unción dos Enfermos (19/05/2012)

     Na Misa das 19,30 da tarde do día 19 deste mes de maio recibiron a Unción dos Enfermos dezaoito persoas idosas e con saúde problemática. 
     A celebración foi preparada polo Equipo parroquial de Voluntarios de Pastoral da Saúde. 
     Despois da celebración os unxidos recibiron un agarimoso recordo deste día.
              Na fotografía, salvo erro involuntario, están: Carmen Grandal, Blanca, Manola Mosquera, Carmen Martín,  José Canosa, Carmen  Quintián, Victoria Mosquera, María López, Begoña, María Peteiro, María Santos, Carmen Sánchez, Delia, Plácida, Rosa (escondida), D. Manuel, Carmen García, María Vázquez e Luis Vázquez.

18 may. 2012

UN LIBRO: "Detengamos la crisis", de Arcadi Oliveres


Detengamos la crisis, Las perversiones de un sistema que podemos cambiar. Arcadi Oliveres. Coleccion Sinergia, 43. Ed. Fundación Emmanuel Mounier. Madrid 2012.
          Acabo de recibir este libro de pequeno formato e en canto o abrín xa non o puiden deixar. É un texto apaixoado, cheo de anécdotas sintomáticas, pero cunha lóxica e coherencia interna que se agradecen. Un libro que –coma outros da Fundación Mounier-  merece unha difusión e unha distribución moito más ampla que a reducida aos subscritores.
O autor
          O autor é Arcadi Oliveres, de quen un coñecido xornalista de información relixiosa escribía hai xa máis dun ano: Está a facer estrago en Youtube, un video (en dúas partes) dunha conferencia de Arcadi Oliveres, economista español e recoñecido activista cristián pola xustiza social e a paz.

SABEDORÍA DO ORIENTE- Textos de Anthony de Mello, SI


  Proxección
  -¿Por que aquí todo o mundo é tan feliz menos eu?
  -Porque aquí aprenderon a ver a bondade e mais a beleza en todas partes –respondeu o Mestre.
  -Daquela, por que non vexo eu en todas partes a bondade e mais a beleza?
            -Porque non  podes ver fóra de ti mesmo o que non ves  dentro de ti.

A Ascensión, desde a perspectiva de "Quiero ver"

Evanxeo da Ascension do Señor, B

13 may. 2012

SABEDORIA DO ORIENTE ( A. de Mello, SI)

FALAR
O discípulo non podía reprimir as ganas que tiña de contarlle ao Mestre o rumor que oíra no mercado.
-Agarda un minuto -dixo o Mestre-. O que pensas contarnos é verdade?
- Non o creo.
- É útil?
- Non, non o é.
- É divertido?
- Non.
Entón, por que temos que escoitalo?

Colecta mensual de Caritas (6 de maio)


Na colecta para Cáritas das Misas do domingo  día 6 de maio recadáronse 852,63 euros.  Que o señor volo pague.

CELEBRACIÓN COMUNITARIA DA UNCIÓN DOS ENFERMOS: Sábado 19, ás 19,30


PASCUA DO ENFERMO -  É NECESARIO ANOTARSE PREVIAMENTE
  Con motivo da Pascua do Enfermo o equipo parroquial de Pastoral da Saúde preparou a celebración comunitaria da Unción dos Enfermos do sábado día 19, na Eucaristía da tarde. As persoas maiores e con problemas graves de saúde que a desexen recibir, deben anotarse previamente. 

4 may. 2012

O til - Cáritas (Pobo de Deus nº 664)



 Cáritas non é da Igrexa, é a Igrexa
     Son frecuentes nas tertulias radiofónicas e televisivas as referenzas a bispos e cregos máis ou menos afortunados nas súas declaracións e homilías. Case sempre algún opinante modera a súa condena establecendo o que lle parece unha cualificada distinción entre a chamada “Igrexa oficial” fronte á “Igrexa de base”. Na primeira estarían o Papa, coa súa curia vaticana, os bispos e, sobre todo, a súa expresión colexiada que é a Conferencia Episcopal, co seu presidente actual en primeirísmo punto de mira. A expresión “Igrexa de base” é menos precisa. Aquí comprendémola como sinónimo da Igrexa das parroquias e crentes practicantes, os cristiáns de a pé.
     En contraposición ás figuras estiradas e murchas dos bispos e da “Igrexa oficial” é frecuente escoitar dos tertulianos mediáticos un afervoado aprezo polo labor de Cáritas neste momento de crise económica.  

O evanxeo desde a perspectiva de "Quiero ver"

Evanxeo do Domingo V de Pascua (B)