A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

18 oct. 2012

Domund 2012: A Misión e mais a Nova evanxelización



   Hai 2.956 circunscricións eclesiásticas (diócesis) da Igrexa católica. Delas 1.069 son territorios de misión (36,16%).
   Considéranse territorios de misión aqueles que non poden subsistir por si mesmos por careceren de recursos humanos e económicos para desenvolver a misión da evanxelización. Dependen directamente da Sede Apostólica a través das Obras Misioneiras Pontificias (Fonte: Dirección Nacional OMP).
   Considérase que o 67% da humanidade non coñece o Evanxeo de xeito experiencial. Talvez coñezan a Xesucristo e o Evanxeo dende o punto de vista cultural ou histórico, pero aínda non se incorporaron á Igrexa polo Bautismo (Fonte: Dirección Nacional OMP).
   O 17% dos católicos están necesitados dun novo anuncio do Evanxeo. Novo no seu ardor, nos seus métodos e nas súas expresións. É o  compromiso da Nova Evanxelización.
   As Obras Misioneiras Pontificias están implantadas en 116 países.En todos eles as comunidades cristiás destes países colaboran economicamente e espiritualmente coa actividade misioneira da Igrexa. (Fonte: Informe da Asemblea 2012 de OMP)

Como colaborar cos misioneiros?
   1) Rezando por eles, para que Deus fecunde coa súa graza o traballo que realizan e
   2) colaborando economicamente coas Obras Misioneiras Pontificias, para que o
Papa poida distribuír, de modo equitativo, entre todos os misioneiros do mundo,
os donativos que chegan dos fieis.


DOMUND 2012: . "Los héroes no existen"



No son héroes, son misioneros.


Quen son os misioneiros?
Sacerdotes, relixiosos e relixiosas, e laicos que foron enviados, por un período longo de tempo ou para toda a vida, a países onde aínda non se coñece o Evanxeo.
Na actualidade hai preto de 14.000 misioneiros españois por todo o mundo

DOMUND 2012: MISIONEROS DE LA FE




Que fan os misioneiros?
Anuncian o Evanxeo aos que aínda non coñecen a Xesús para que, se reciben a graza da conversión, poidan incorporarse á Igrexa polo Bautismo. Ao mesmo tempo, asumen a responsabilidade en proxectos educativos, sanitarios e de promoción social das persoas e pobos que atenden. Na actualidade hai preto de 14.000 misioneiros españois por todo o mundo.



6 oct. 2012

O til : o ano da fe


O ANO DA FE
     O día 12 de outubro o noso arcebispo, Mons. Xulián Barrio,  presidirá na catedral unha Eucaristía coa que se inaugura o Ano da fe na diocese de Santiago.
     Xa  hai un mes publicou tamén unha Carta Pastoral sobre O ano da fe, subtitulada coa bendición pascual de Xesús:  “Benia os que creron sen veren” (Xn 20, 29).
     O ano da fe é iniciativa do Papa Bieito XVI, que a xustifica así no seu documento “Porta fidei”, A porta da fe.
Á luz de todo isto, decidín convocar un Ano da fe. Comezará o 11 de outubro de 2012, no cincuenta aniversario da apertura do Concilio Vaticano II, e rematará na solemnidade de Xesucristo, Rei do Universo, o 24 de novembro de 2013. Na data do 11 de outubro de 2012, celebraranse tamén os vinte anos da publicación do Catecismo da Igrexa Católica, promulgado polo meu Predecesor, o beato Papa Xoán Paulo II, coa intención de ilustrar a todos os fieis na forza e beleza da fe (Porta Fidei, 4).

CATEQUESIS 2012-13. Comenzamos el día 7


Quiero ver: Domingo XXVII B

Evanxeo do domingo XXVII