A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

22 may 2012

Unha conferencia interesante na Semana Social


La cultura en la Europa de los albores del siglo XXI

Dr. D. Fernando García Cortazar
Catedrático de Historia Contemporánea de la Universidad de Deusto

20 may 2012

Unción dos Enfermos (19/05/2012)

     Na Misa das 19,30 da tarde do día 19 deste mes de maio recibiron a Unción dos Enfermos dezaoito persoas idosas e con saúde problemática. 
     A celebración foi preparada polo Equipo parroquial de Voluntarios de Pastoral da Saúde. 
     Despois da celebración os unxidos recibiron un agarimoso recordo deste día.
              Na fotografía, salvo erro involuntario, están: Carmen Grandal, Blanca, Manola Mosquera, Carmen Martín,  José Canosa, Carmen  Quintián, Victoria Mosquera, María López, Begoña, María Peteiro, María Santos, Carmen Sánchez, Delia, Plácida, Rosa (escondida), D. Manuel, Carmen García, María Vázquez e Luis Vázquez.

18 may 2012

UN LIBRO: "Detengamos la crisis", de Arcadi Oliveres


Detengamos la crisis, Las perversiones de un sistema que podemos cambiar. Arcadi Oliveres. Coleccion Sinergia, 43. Ed. Fundación Emmanuel Mounier. Madrid 2012.
          Acabo de recibir este libro de pequeno formato e en canto o abrín xa non o puiden deixar. É un texto apaixoado, cheo de anécdotas sintomáticas, pero cunha lóxica e coherencia interna que se agradecen. Un libro que –coma outros da Fundación Mounier-  merece unha difusión e unha distribución moito más ampla que a reducida aos subscritores.
O autor
          O autor é Arcadi Oliveres, de quen un coñecido xornalista de información relixiosa escribía hai xa máis dun ano: Está a facer estrago en Youtube, un video (en dúas partes) dunha conferencia de Arcadi Oliveres, economista español e recoñecido activista cristián pola xustiza social e a paz.