A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

2 sept. 2012

Evanxeo do Domingo XXII do tempo Ordinario (B) -

Dom XXII TO B. Evanxeo


More PowerPoint presentations from Andres GV


Neste domingo escoitamos cousas moi estrañas: que “a relixión pura é visitar orfos e viuvas”, que o culto con que se adora a Deus pode estar “baleiro”, que substituímos o que Deus nos di polos nosos ditos, e que os mandados de Deus ceden diante dos mandados nosos.
Resulta que podemos ser moi “relixiosos” sen pisar os recintos sagrados (visitando orfos e viúvas) e podemos ser nada relixiosos frecuentando os recintos sagrados pero o que facemos é pura construción nosa, non o que Deus espera de nós.
Haberá que ver a forma de desenlear este sarillo. Porque na práctica, e refírome á práctica relixiosa, temos organizado un sarillo ben encerellado, onde a igrexa parece que cumpre a función de autoridade relixiosa en lugar de ámbito de fraternidade e comuñón.  En fin, seguídelle o fío... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario