A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

7 nov. 2012

Colecta de Caritas . Primeiro domingo de mes



  A colecta de Cáritas parroquial de Santa Margarida correspondente ao primeiro domingo de novembro foi de 733,55 euros.
    Recordatorio: Esta semana está a exposición de Cáritas España sobre os obxectivos do milenio no centro Abeiro dos Salesianos en horario de luns a venres de 11.30 a 13.30 e pola tarde 16.30 a 19.30.


    A todos moitísimas grazas de parte de Cristo pobre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario