A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

7 dic. 2012

CÁRITAS - RECOLLIDA DE XOGUETES

   As Cáritas parroquiais da Coruña, coordinadas pola Cáritas Interparroquial, promoven unha campaña de recollidas de xoguetes, para que o Neno Xesús, Papá  Noel e mais os Reis Magos non se esquezan -como xa ten pasado en anos anteriores-  das familias e dos nenos que Cáritas vén atendendo gracias ás colectas e donativos dos cristiáns coruñeses e de moitas persoas de boa vontade. 
   Os xoguetes xa se entende que han de estar novos e que non deben requerir moito gasto de mantemento. Poñamos nas mans de Xesús os xoguetes que non se usan e que nos sobran. 
Os xoguetes pódense entregar nas parroquias e mais  en Cáritas Interparroquial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario