A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

21 mar. 2013

Remodelación do baptisterio na igrexa parroquial

Os marmoristas en plena tarefa de remodelación do
baptisterio  na nosa igrexa parroquial.
   Unha pequena obra de remodelación dignifica desde hai poucos días o espazo que chamamos baptisterio, a carón da entrada principal da igrexa parroquial. A renovación das promesas bautismais na pascua adquire este ano 2013, Ano da fe, un estímulo alentador. 
   Estamos no Ano da fe, convocado polo Papa emérito  Bieito XVI para animar os cristiáns a mostrar aos conveciños a alegría de crer. 
   O Bautismo é o sacramento que nos dá a entrada na Igrexa, por iso normalmente as pías bautismais se colocan na entrada, para indicar dese modo que polas augas bautismais entramos no pobo santo de Deus, coma membros unxidos polo Espírito de Xesús e acollidos coma fillos por Deus Pai. 
   

No hay comentarios:

Publicar un comentario