A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

15 jul 2013

VISITA DE MISIONEIRA


  
María Teresa, a primeira pola nosa esquerda,
co Consello Xeral da súa Congregación.
         María Teresa Andrade, Misioneira de María Mediadora, veu descansar coa súa familia na casa petrucial de Langueirón, en Ponteceso.  Con este motivo ponme ao día da misión por ela fundada en Chezi,  Malawi, misión que desde hai vinte anos veu recibindo apoio solidario de varias familias coruñesas relacionadas co Fogar de Santa Margarida.
     María Teresa fala do proxecto Rainbow e do Centro Saint Mary de Chezi con palabras e entoación sinxelas e humildes, pero vivas e cálidas, convincentes.      
    O lector sabe que Malawi é un pequeno país, veciño de Zambia, Mozambique e Tanzania, cos que comparte as augas do lago Malawi, que lle dá nome. Está entre os estados máis atrasados e máis densamente poboados do continente continente africano. A economía está baseada na agricultura, cunha poboación predominantemente rural. Ten unha baixa taxa de esperanza de vida e moi alta taxa de mortalidade infantil. Por riba, a epidemia da sida é a causa de moitos nenos orfos,  que malamente poden ser atendidos polos seus familiares.  
     A misión onde se levantou o Centro Saint Mary de Chezi acolle nel a 200 nenos orfos, que encontran así fogar, alimentación apropiada e educación. 
     Ademais, o proxecto Rainbow desenvolve desde 1991 un programa de educación e alimentación para máis de mil cincocentos nenos dos poboados veciños, que veñen á escola,  comen e levan tamén o alimento cotián para a súa familia.
      O Centro Saint Mary dispón tamén de campos de cultivo que traballan os propios nenos e os seus coidadores e monitores. Con diversas axudas, instalouse un sistema de regadío, gota a gota, que permite producir os froitos do país así como nabizas, pementos de Padrón, tomates, repolos  e outros produtos galegos, exportados por María Teresa desde Bergantiños e que se adaptaron moi ben ao terreo e clima local. Un fato de cabras andaluzas e un rabaño de vacas cedido por Reny Picot completan o milagre cotián de Santa María de Chezi, equilibrando a alimentación co aporte de carnes e derivados lácteos.          

     A visita de María Teresa Andrade reforza a miña íntima e personalísima satisfacción de ser e sentirme católico.

1 comentario:

  1. No deposit bonus codes | CasinoDaddy
    If you enjoy a casino that offers great games, then 김제 출장안마 it is time to try 수원 출장마사지 out 서울특별 출장샵 There are no 안양 출장마사지 deposit codes, no bonuses, free 광주 출장마사지 spins, no deposit bonuses

    ResponderEliminar