Benvido, benvida. Este é o blog da Parroquia de Santa Margarida da Coruña, en Galicia, España. A todos os que, católicos ou non católicos, nos visitades neste portal, saudámosvos fraternalmente, agradecemos o voso interese e sabede que tedes abertas as portas da nosa comunidade, un fogar para vós.
A parroquia
Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.
Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.
29 dic 2011
BENDICION DE ANO NOVO - Videos de quiero ver
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=biF0ULg_aTk
Día 1 de xaneiro - Santa Nai de Deus - Xornada Mundial pola paz
27 dic 2011
.Parece que non, pero si. Estatisticas do blog parroquial
Pero botando unha ollada ás estatísticas que Blogger ofrece aos seus usuarios resulta que no último mes (novembro) o blog foi visitado 464 veces. E desde que se creou, as visitas totais foron 1781. A maioría proceden de España, pero tamén hai de Alemaña (57), Estados Unidos (38), Rusia (38), Colombia, Arxentina, Chile e Italia.
Está por saber cantos dos visitantes son fregueses ou veciños de Santa Margarida.
A estatística anímanos a seguir aquí, deixando constancia do labor dos membros da comunidade parroquial ao servizo do evanxeo de Xesucristo.
25 dic 2011
Lotería de Nadal - Participacións premiadas do 99311
A partir do martes, día 27, pódense facer efectivas en calquera das oficinas de Novagalicia Banco, antigas Caixa Galicia e Novacaixa.
A todos os que deciden deixar o premio ou parte del para axuda da parroquia, moitísimas grazas.
A parroquia distribuíu en total 7200 euros de Lotería. Co premio pasaron a valer 36000 euros.
24 dic 2011
"Quiero ver" - Comentario do evanxeo en imaxes - Nadal 2011
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=Qrw8HexUyhQ
O NADAL DO SEÑOR (25/12/11)
Estes, non naceron do sangue, nin da vontade da carne, nin da vontade do home, senón de Deus.