A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

27 dic 2011

.Parece que non, pero si. Estatisticas do blog parroquial

Pensabamos que o noso blog non lles interesaba aos internautas, nin  sequera aos da parroquia. Non sentimos o paso polo noso blog das persoas que o visitan. Non deixan comentarios, que é a maneira de dicir "estiven aquí e, ao ler o blog, pensei isto". Nada, silencio. Non hai comentarios. 
Pero botando unha ollada ás estatísticas que Blogger ofrece aos seus usuarios resulta que no último mes (novembro) o blog foi visitado 464 veces. E desde que se creou, as visitas totais foron 1781. A maioría proceden de España, pero tamén hai de Alemaña (57), Estados Unidos (38),  Rusia (38), Colombia, Arxentina, Chile e Italia. 
Está por saber cantos dos visitantes son fregueses ou veciños de Santa Margarida. 
A estatística anímanos a seguir aquí, deixando constancia do labor dos membros da comunidade parroquial ao servizo do evanxeo de Xesucristo.

3 comentarios:

  1. Para que quede constancia de miña visita e saibades que, ainda non sendo a miña parroquia, vos levo no corazón, déixovos esta mensaxe de agradecemento polo voso cariño e a vosa acollida desta "polizonte".
    Tamén quero darvos a noraboa polo éxito desta aventura cibernética.
    Felices Pascoas a todos, unha aperta grande e bicos dabondo para repartires :-)

    ResponderEliminar
  2. O blog interesa. Como non vai interesar! Noraboa e adiante

    ResponderEliminar
  3. Este blog é un dos meus blogs preferidos por ter interesantes contidos e un formato cómodo e elegante. Unha aperta.

    ResponderEliminar