A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

8 jun. 2013

SARDIÑADA O DÍA 28 DE XUÑO, VENRES, ÁS 20,30

Sardiñas, churrasco, pan...
e sobre todo, amizade, fraternidade e alegría.
   A sardiñada que pecha festiva e fraternalmente o curso pastoral non contará coa peza teatral que anunciabamos ata o día de hoxe. A representación teatral posponse para ocasión mellor porque non se viu o modo de facer compatibles no mesmo espazo e na mesma hora as mesas preparadas para o consumo de sardiñas e a comodidade dos asistentes para seguir con atención as escenas dramatizadas.
   Non renunciamos á oferta desinteresada dos compoñentes do Grupo teatral Portasabertas, senón que aprazamos a súa actuación nos locais parroquiais para unha data máis xeitosa, posiblemente no outono próximo.
     Para participar na Sardiñada é indispensable anotarse con antelación suficiente para que os responsables e coordinadores poidan preparar todo o necesario sen agobios e coa competencia acostumada .

No hay comentarios:

Publicar un comentario