A parroquia

Somos a parroquia católica do barrio do mesmo nome na Coruña, España, arquidiocese de Santiago de Compostela. Estamos situados no tramo medio da Avenida de Fisterra e das rúas que a cruzan: Cidade de Lugo, Palomar, Paseo das Pontes, e os bloques de rúas en torno a Vista Alegre e mais ao viaducto da Ronda de Nelle, zona da Agra do Orzán ata a Gramela e Praza das Cunchiñas.

Pertencemos ao Arciprestado de Riazor na zona pastoral da Coruña. Estamos entre o Parque de Santa Margarida coa súa Casa das Ciencias e a zona verde do Paseo das Pontes. A nosa igrexa parroquial ubícase no número 156 da Avenida de Fisterra.

7 dic 2011

Campaña de Cáritas de Nadal

No día da Inmaculada Cáritas Interparroquial e as cáritas parroquiais da cidade empezan a súa Campaña especial de Nadal.
Cáritas de Santa Margarida agradece que os donativos sexan en metálico. Os alimentos xa chegan ás familias grazas ao labor do Banco de Alimentos, en estreita colaboración cos voluntarios de Cáritas. A dispoñibilidade de cartos facilita a eficacia das axudas e para as familias non deterioradas é máis digno decidir eles o que necesitan e non que persoas alleas, aínda con boa intención, decidan por eles. Iso si, sempre coas cautelas e garantías pertinentes fronte aos posibles enganos e pillerías,
No domingo primeiro, a colecta das misas foi superior ao normal: 762, 56 euros.
O Señor bendí a aqueles que o recoñecen nos pobres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario